lunes, 2 de septiembre de 2013

Copa Xunta : Fisober - Cidade de As Burgas. 0-7.

COPA XUNTA

RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – CIDADE DE AS BURGAS: 0-7.

FISOBER : Eva, Raquel, Patri, Paula Fandiño e Barca ; tamén xogaron : Laura e Anabel.


C. de AS  BURGAS : Antía, Figo, Sonia, María Arias e Vanessa ; tamén xogaron : Candela, Nati, María Romero, Peke, Noelia, Helena e Zaida.

ÁRBITROS : Senén Tojo e Rubén García ; Crono : Yayo Pájaro.

GOLES : 0-1 María Romero, 0-2 Candela, 0-3 Zaida, 0-4 Vanessa ( descanso ) , 0-5 Figo, 0-6 Zaida,
 0-7 María Arias.

Recibía este sábado o Fisober no Pavillón de Ponte do Porto en partido  correspondente a  Copa Xunta a un dos equipos de División de Honra que lles tocou en sorte no seu grupo e facíao en cadro, con ata oito  baixas do primeiro equipo , as  de Paula, Elsa, Inés, Nuria, Ana, Olalla, Noelia e Myrella. O que deixaba a lista en tan solo sete xogadoras, tres do primeiro equipo e catro do filial.

Todo se complicou aínda máis cando a  infantil Paula Fandiño  se lesionou o comenzo  do partido non podendo  continuar o que fixo que a porteira do filial Anabel tivera que xogar de campo para dar un descanso as súas compañeiras.

O Cidade de As Burgas un equipo que mima a súa canteira , vive dela e é un exemplo a seguir ( sirva como exemplo que María Romero e Zaida xa lle marcaran o Fisober xogando co filial ),  deixaba fora da lista finalmente aínda que si viaxaron a Ponte do Porto  a ala Iria Saeta e a porteira  Ana que estes días  viaxan ca selección española para estrearse como internacionales.

Con tantos condicionantes en contra as locais decidiron pecharse e aguantar o temporal da mellor forma posible. E vaia se o fixeron cun esforzo encomiable das sete xogadoras, dende a primeira ata a última,  ante todo un equipo da máxima categoría deixaron unha moi boa imaxe.

O partido en si tivo pouca historia, ataque constante visitante e un Fisober  tentando cazar algunha contra.

Os tres minutos foi a visitante Figo a que puxo en apuros por dúas veces a porteira local Eva. O Cidade dominaba e o Fisober defendía, e os oito minutos as locais aproveitaban unha contra que remataba co remate  de Raquel o pau no que foi a mellor ocasión do Fisober.

Pouco tardaron as do Cidade en respostar xa que os nove minutos  María Romero  poñía en vantaxe as súas subindo o primeiro gol o electrónico. As visitantes seguían minuto a minuto   poñendo  a proba a Eva.

Ata que os catorce minutos era Candela a que aproveitaba unha ocasión para poñer o segundo gol a favor das visitantes. Cando faltaban pouco máis de dous minutos foi Zaida a que fixo o terceiro e pouco despois Figo case fai o cuarto.

Un cuarto que chegou por mediación de Vanessa cando se chegaba o último minuto. As locais faltas de efectivos notaban o esforzo nestes últimos minutos. Pero aínda así nunha nova contra era de novo Raquel a que tiña a opción do gol da honra nos derradeiros segundos da primeira metade.

Co tempo de lecer novos folgos para o Fisober que recuperou enerxía para seguir mans a obra. O arranque desta segunda metade foi con  unha ocasión por bando , María Arias por parte do Cidade e Patri pola do Fisober.

Co mesmo guión seguía o partido  aínda que nesta segunda metade o Fisober parecía controlar un pouco mellor as embestidas do Cidade, ben polo traballo defensivo ou pola laboura de Eva, incluso chegaron algo máis que na primeira metade a máis clara ocasión foi para Barca.

Trece minutos aguantaron o marcador pero o  cansanzo foi facendo acto de presenza e a falta de sete para o fin era Figo a que facía o quinto gol visitante. Nos últimos minutos chegaron os restantes goles, a  falta de dous de novo Zaida facía o sexto e para rematar a falta de vinte segundos entre a local Patri e a visitante María Arias facían o definitivo cero sete despois dun saque de esquina.

Destacar o debut oficioso  de Paula Fandiño e Raquel co primeiro equipo aínda que xa o fixeran o día antes nos amigables que serviron para a presentación do Villa de  Cee e o da porteira do filial Anabel que o tivo que facer  como xogadora. Así mesmo como o re-estreno de Patri.

Próximos partido da Copa Xunta:

O sábado 7 en A Coruña fronte o Viaxes Amarelle.

O sábado día 28 como locais o Fisober recibirá o Funeraria Apóstol.




No hay comentarios:

Publicar un comentario