COPA XUNTA
RESULTADO : VIAXES
AMARELLE – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” : 8-1.
AMARELLE : Leti, Laura, Dolo, Lucía Nespereira, Patri ; tamén xogaron : Musta,
Lago, Lucí, Monchi, María, Cruz, Pau.
FISOBER : Eva,
Raquel, Patri, Paula Fandiño e Barca ; tamén xogaron : Elsa, Inés, Nuria, Noelia,
Laura e Anabel.
Árbitros : Ismael
Gómez e Juan Rey ; Crono : Nerea Dorribo.
GOLES : 1-0 Lucí,
2-0 Monchi, 3-0 Monchi ( descanso ), 4-0
Lucía Nespereira, 5-0 Musta, 6-0 Musta, 7-0 Lago, 8-0 Laura, 8-1 Noelia.
O Viaxes Amarelle
amosou que era de superior categoría e non deu opción o Fisober en partido de Copa Xunta disputado este sábado en A Coruña, quedando as da Costa eliminadas ,
aínda que lles queda un partido por
disputar.
A pesares de
recuperar parte das xogadoras que foran
baixa a semana anterior fronte o Cidade de As Burgas o Fisober tampouco puido
sacar nada en limpo esta semana e voltou apañar unha derrota fronte a un rival
da máxima categoría.
As locais saíron
moi fortes na presión e conseguiron ir xa o tempo de lecer cun tres a cero o
seu favor.
A segunda metade
continuou co mesmo guión ata o oito a un definitivo. O gol da honra das da
Costa foi obra de Noelia.
Agora tocará
esperar ata o 28 de setembro onde o rival será o Funeraria Apóstol
para poñer fin a está segunda participación do Fisober na Copa Xunta e
tentar acadar a primeira vitoria nesta competición e coller folgos para a Liga en Segunda División que arranca o día 5 de Outubro.
Noutro partido de Copa Xunta no grupo B , A Fervenza vs Poio o resultado foi 0 a 4.
Fotos : Familia Fandiño Trillo e Fisober.
No hay comentarios:
Publicar un comentario