Este fin de semana que é o mítico de San Miguel , tamén é o fin de semana previo o comenzo das ligas de Segunda División e Provincial para os equipos do Fisober que van a ter unha serie de partidos como preparación final o igual ca anterior semana.
O primeiro equipo terá o seu último partido de Copa Xunta, será o sábado as 19 horas no Pavillón de Vimianzo fronte o Funeraria Apóstol santiagués. Despois das derrotas fronte o Viaxes Amarelle e o Cidade das Burgas as da Costa tentarán darlle unha alegría os seus siareiros.
Nun enfrontamento fronte o Funeraria Apóstol que nos últimos anos foron moi igualados e disputados pero que caeron normalmente para as de negro.Aquí podes ver as crónicas dos últimos enfrontamentos.
Pola súa banda o equipo filial terá un fin de semana algo máis ocupado. O sábado enfrontarase a partires das 17 horas en Vimianzo nun amigable o equipo recentemente creado de A Baña.
Pero non descansan e o domingo xogará un torneo en San Sadurniño invitado polo A Fervenza B, no que tamén participarán o Villa de Cee e o Adarve lugués. Podes consultar todolos horarios do Torneo na páxina de A Fervenza ou pulsando aquí.
O Fisober B xogará as 12 horas fronte o Adarve, as 16 horas fronte A Fervenza B e finalmente as 19 horas fronte o Villa de Cee.
Despois deste intenso fin de semana a próxima estación xa será a Liga e para ambos equipos como local. O primeiro equipo enfrontarase A Fervenza no primeiro derbi da tempada repitindo o partido que pechou a anterior. Podes consultar aquí todo o calendario.
Pola súa banda o filial farao fronte o Estradense un equipo recén creado pero o que todos dan como un dos grandes favoritos. Podes consultar aquí todo o calendario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario