Na tarde de onte venres tivo lugar a presentación do equipo de fútbol sala femenino Villa de Cee. Disputouse en forma de triangular e ademais das anfitrionas acudiron dous equipos do Fisober. Os partidos disputáronse baixo o formato , de 20 minutos cada parte a tempo corrido.
Un equipo que foi o Fisober A, ante a plaga de baixas que acusan, composto por : Eva, Patri, Barca, Inés e Raquel ademáis das xogadoras do equipo infantil : Paula Fandiño, María Lijó, Nuriña e a porteira Marta.
E o Fisober B composto por : Anabel, Tamara, Iria, Laura, Noe, Natalia, Alejandra e Andrea.
No primeiro partido do triangular enfrontáronse o Villa de Cee e o Fisober B. O que supuxo o primeiro partido ca camiseta negra aínda que fora nun amigable para Anabel que procede do Ponteceso e que o fixo como porteira, ademais de para Alejandra e Andrea que proceden do C.D. Baio.
O resultado foi de 1-0 para as de Cee e o gol foi marcado por María Pérez, que ata esta tempada foi a capitana do Fisober B, no minuto 13 da primeira metade.
No segundo partido amigable enfrontáronse por primeira vez na historia dous equipos do Fisober. Neste partido vestiron por primeira vez a camiseta do Fisober a porteira infantil Marta e Raquel que procede do Meigas.
O resultado foi de 6-0 para o Fisober A. Os goles foron obra : 1-0 Paula Fandiño no minuto 3, 2-0 Inés minuto 4, 3-0 María Lijó minuto 11, 4-0 Barca minuto 15 ; con ese resultado chegouse o tempo de lecer. Na segunda metade o 5-0 foi obra de Inés no minuto 25 e o definitivo 6-0 obra de Nuriña no minuto 38.
O definitivo partido enfrontou as anfitrionas e o Fisober A, co resultado de 4-1. Os goles foron obra de : 1-0 Inés minuto 4, 2-0 Barca minuto 8, 3-0 Raquel minuto 17 ; con este resultado chegouse o tempo de lecer. Na volta dos vestiarios no minuto 32 chegou o 3-1 e dentro do último minuto Raquel marcou o definitivo 4-1.
O remate dos encontros houbo uns pinchos para os equipos.
Dende aquí desexámoslle moita sorte o Villa de Cee nesta nova andaina.
E recordar que hoxe sábado 31 de Agosto as 19 horas no Pavillón de Ponte do Porto o Fisober xoga Copa Xunta fronte o Cidade das Burgas equipo de Primeira División, un Fisober que a pesares das multiples baixas tentará deixar a mellor imaxe posible tirando da súa canteira.
Enlaces de interese :
Fisober na Copa Xunta.
Calendario de Segunda División.
Calendario de Provincial.
Arranca o Fisober.
Abono Fisober.
No hay comentarios:
Publicar un comentario