No amigable do sábado en Vimianzo fronte A Baña foi cun resultado de 7 a 1 para o filial do Fisober.
O Fisober B formou con : Anabel, Paula Fandiño, Alejandra, Andrea e Laura ; tamén xogaron : Marina, María Lijó, Tamara, Noe, Natalia e a porteira Marta.
Os goles foron obra de : 1-0 Paula Fandiño minuto 6, 2-0 Noe minuto 7, 3-0 Noe minuto 14, 4-0 Noe minuto 16 , con este resultado chegouse o tempo de lecer. Reduciron distanza as visitantes no minuto 28, 5-1 María Lijó minuto 35, 6-1 Paula Fandiño minuto 36, 7-1 Natalia minuto 43.
Para o domingo quedaba o viaxe do filial o Torneo de San Sadurniño. Cun formato de todos contra todos e partidos de 20 minutos cada periodo.
O torneo arrancaba co partido entre o A Fervenza B e o Villa de Cee, que se levaron as de Ferrolterra cun 4 a 0.
Villa de Cee, 4º clasificado |
O Fisober B xogaba a continuación fronte o Adarve lugués. As da Costa desprazaron a este torneo a : Marta e Anabel como porteiras e a Paula Fandiño, Laura, Inés, Nuriña, Natalia, María Lijó, Noe e Andrea como xogadoras de campo.
No partido fronte o Adarve as luguesas gañaron cun contundente 7 a 2. Os goles foron obra de : 0-1 Laura minuto 6, 1-1 minuto 7, 2-1 minuto 17, 3-1 minuto 19, con este resultado chegouse o tempo de lecer. Na segunda metade : 4-1 minuto 23, 5-1 minuto 24, 6-1 minuto 30, 6-2 Inés minuto 31, 7-2 minuto 37.
Adarve , 1º clasificado |
Despois deste partido chegou o parón para comer.
A tarde arrancaba co partido entre A Fervenza B e o Fisober B que se levaron as da Costa cun 3 a 4. Os goles foron obra de : 0-1 María Lijó minuto 3, 0-2 Inés minuto 8, 1-2 minuto 10, 2-2 minuto 15, 3-2 minuto 16. Con este resultado chegábase o tempo de lecer. 3-3 Noe minuto 30 , 3-4 Paula Fandiño minuto 32.
A Fervenza B, 3º clasificado |
A continuación disputouse o partido entre o Adarve e o Villa de Cee que acabou cun 5 a 0 a favor das lucenses. E para darlle un pouco de descanso os equipos xogouse un encontro de exhibición entre equipos da canteira de A Fervenza.
No partido entre A Fervenza B e o Adarve as lucenses aseguraron o título vencendo por 4 a 1.
No encontro que pechaba o Torneo había un interesante derbi da Costa . Que se levou o filial do Fisober por un axutado 2 a 1. O partido chegou con igualada a cero o tempo de lecer. A volta dos vestiarios no minuto 24 Ana Trinidad adiantou as de Cee, pero Inés no minuto 30 e Noe no 38 deronlle a volta o partido e aseguraron a segunda posición do Fisober B no Torneo.
Finalmente a clasificación foi : 1º Adarve, 2º Fisober B, 3º A Fervenza B, 4º Villa de Cee.
Se queres máis info do torneo ou fotos en A Fervenza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario