jueves, 14 de marzo de 2013

Habemus disque !

Volta a competición as máximas categorías do fútbol sala femenino despois do parón pola disputa da Fase Final do Campeonato de España de seleccións autonómicas sub 23. No que a Galicia de Patri Romaní foi subcampeona o caer na final fronte a Valencia. O que temos para este fin de semana :

O Fisober desprázase a Guarnizo ( Cantabria ) para disputar un  partido por primeira vez esta tempada  en domingo, será as 12 horas do domingo 17 de Marzo no Guillermo Cortés  da localidade de Guarnizo, moi próxima a Astillero e Santander. O máis seguro é  que o  Fisober conte con algunha baixa por motivos de estudios , ademáis  algunha xogadora que continúa tocada co cal as xogadoras dispoñibles  son  unha incógnita ata última hora.

No partido da primeira volta xogado en Baiñas o resultado foi de 3 a 4 para as cántabras. O Guarnizo ocupa a cuarta praza da clasificación de Segunda División  a cinco puntos do líder Ordizia, mentres o Fisober é oitavo.

Pola súa banda o Fisober B  disputa a última xornada de Liga con derbi ante o Ponteceso. O partido disputarase no Municipal de Vimianzo as 16 horas do sábado. No partido da primeira volta o resultado foi de 4 a 1 a favor das da vila de Pondal.

Por outra banda dende o Espartanas subiron o video do partido que enfrontou a Espartanas e Fisober B o pasado sábado o cal podedes ver o final da crónica.




No mundo do fútbol :
  • Un rumor extrano , Rooney o PSG  e Ibra o Bayern, raro ?
  • Lewandoski sustituto de Rooney ?
  • Tévez , Barry, Dzeko e Nasri na lista de transferibles do City.
  • Gameiro e o Liverpool.
  • Jackson Martínez e o Barsa.
  • O Chelsea e Modric.
  • James Rodríguez e o Atleti.
  • Kucka e o Milán.
  • Aguero e o Madrid.
  • Falcao e a claúsula anti-Madrid de 15 kilos máis.
  • O Sevilla e Beltrame.
No basket :
  • Tremmell Darden novo fichaxe do Real Madrid para suplir a baixa de Pocius. Pediu a baixa por non cobrar en Zalguiris, non pode xogar Euroliga. Pocius non voltará xogar esta tempada e terá que ser operado de urxencia.
  • David Marina xogador do filial de Liga Eba do Real Madrid e do ano 88 foi o xogador que deixaron ser anotado en Euroliga para suplir a Pocius.
  • Para a próxima tempada xa sonan nomes nese posto, Preldzic, Lucic, Kuzminskas e N. Bjelica.
  • Moverá ficha o Barsa xa por Ayón ?
  • Aleksandrov chega a Manresa.
  • Gaffney podería irse a Nba e Corey Fisher deixar Joventud.
  • Lokomotiv Kuban e Maccabi a pelexa por Ohayon.
  • D. Smith 2 tempadas máis en Maccabi ?
  • K. Lavrinovic non seguirá os pasos de Darden a pesares de non cobrar e seguirá no Zalguiris, tiña ofertas rusas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario