LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – 5 CORUÑA.
2-7.
FISOBER B : Martina,
Noe, Paula, María e Tamara ; tamén xogaron : Laura, Mónica, Natalia, Iria e
María Maroñas.
5 CORUÑA : Leti, Raquel, Ana, Sofía e María ; tamén xogaron
: Aldara e Mel.
Árbitro e crono : Emilio Losada e Yayo Pájaro.
GOLES : 1-0 Noe, 1-1 Sofía, 1-2 Mel , 1-3 Sofía, 1-4 Raquel, 2-4 p.p. ( descanso ) 2-5 Raquel, 2-6
Raquel, 2-7 Aldara.
Ata os últimos
cinco minutos da primeira metade foi quen de aguantar co electrónico empatado o
filial do Fisober o colíder cun moi bo traballo defensivo, nun partido
disputado na maña do domingo en Baiñas.
O arranque do
filial foi excepcional xa que Noe aproveitaba un balón na frontal para poñer en
vantaxe as locais. Pero a ledicia durou ben pouco xa que Sofía tardou un minuto
en igualar.
Aínda así cas do
filial ben colocadas en defensa, algún pau e con Martina parando o que lle
chegaba, foron aguantando o empuxe
visitante. Co paso dos minutos o dominio visitante íase incrementando, pero
o Fisober B continuaba facendo o seu traballo.
Ata que a cinco
para o fin da primeira metade Mel consguiu abrir a lata e solo un minuto
despois marcaba novamente Sofía. As locais viñéronse un pouco abaixo.
Preto de entrar
no último minuto Raquel facía o un a catro e poñía xa moito marxe no
electrónico. Pero nos últimos segundos a capitana local María loitou un balón
ata o final o que fixo que provocou un erro nas visitantes que anotaron un gol
en propia porta para o dous a catro co que se chegou o tempo de lecer.
Na segunda metade
todo continou como rematara a primeira. Dominio visitante e as locais que se
defendían e tentaban lanzar algunha contra, ou mesmo Martina que tentou
sorprender dende seu campo a adiantada porteira do 5 Coruña.
Así foron chegando
dous novos goles de Raquel mediada esta segunda metade e o definitivo 2 a 7 de
Aldara a cinco minutos para o fin do partido.
Non poideron
regalarlle uns puntos as súas compañeiras a Cris, como pretendían aínda que
sabían que a misión para este fin de semana era difícil, que se perderá o que
resta de tempada por lesión pero seguen ca boa liña dos últimos partidos.
Fotografías : M. Trillo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario