lunes, 18 de marzo de 2013

Guarnizo - Fisober . 5-2.


SEGUNDA DIVISIÓN

RESULTADO : GUARNIZO – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”. 5-2.

GUARNIZO : Marian, Raquel, Paola, Isa e Reichel ; tamén xogaron : Cris, Elena, Patri, Henar e Sandra.

FISOBER : Eva, Ana, Noelia, Barca e Myrella ; tamén xogaron : Elsa, Olalla e Inés.


Árbitros : A. Altuna e R. Sobalgo , Mesa : L. O. Villa.

GOLES : 1-0 Raquel, 2-0 Raquel, 2-1 Barca, 3-1 Reichel ( descanso ) 4-1 Patri, 4-2 Inés, 5-2 Patri.

Por primeira vez nesta tempada tiña que xogar domingo pola mañá o Fisober e fixo nun partido que foi televisado en directo vía web pola Federación Cántabra e no que amosou unha boa imaxe a pesares das dificultades cas que acudía o partido.

Os primeiros minutos foron de tanteo pero con dominio de balón das locais. Ata que os cinco minutos unha boa combinación das cántabras  terminou con gol de Raquel.

O partido seguiu baixo as mesmas directrices, cada vez un maior dominio local e as da Costa buscando algunha contra. E curiosamente despois dunha contra do Fisober a resposta foi unha xogada individual de Raquel que facía o segundo gol para as locais os nove minutos.

Os dez minutos Eva facía unha parada a Cris  que evitaba o terceiro gol local e na contra levada por Ana e Barca rematou co gol desta última para facer o primeiro gol visitante.

Pouco lle duraría a ledicia as visitantes, xa que un minuto despois Patri xa avisaba e entre Eva e Elsa evitaban o gol, a que non perdonou foi a seguinte Reichel quen de novo en xogada individual facía o terceiro gol para as cántabras.

O Fisober seguiu loitando e unha xogada de Barca foi enviada por Marian a saque de esquina. E froito dese saque de esquina un lanzamento cruzado de Ana o que non chegou por centímetros Olalla.

As locais seguían a chegar con moito  perigo e antes do tempo de lecer Eva evitaba o gol de Isa e Patri lanzaba o pau.

O tempo de lecer sentoulle ben as da Costa, aínda que o partido seguía co mesmo guión as visitantes sentíronse un pouco máis cómodas.

Así os tres minutos Barca dispuña de unha ocasión para reducir diferenzas e pouco despois a mesma Barca non foi quen de aproveitar un rexeite da porteira a un tiro de Ana.

Quen si marcaba era a local Patri que remataba unha excelente combinación das de Guarnizo con pase final de Reichel de calcaño os seis minutos da segunda metade.


 A visitante Noelia poñía a proba a Sandra a porteira cántabra nesta segunda metade e as locais seguían a bater contra a porteira visitante  Eva que freaba as súas ocasións. De novo repetía  Noelia que desta vez atopábase co pau de Sandra e as locais  non vían a maneira de superar a Eva.

Todo cambiou cando a sete para o fin Inés fixo o catro a dous despois dunha veloz triangulación de Myrella e Ana. O Fisober xogou os seus mellores minutos , na busca dun gol que apretara aínda máis o electrónico. As locais xa non tiñan un xogo tan fluido.

Inés case repite a seis para o fin pero Sandra arrebatoulle o balón no man a man, e a dous para o fin foi Myrella a que vio como Sandra lle facía unha boa parada, na contra case a local  Patri sentecia o partido pero o seu disparo foiselle lambendo o pau de Eva. Reichel tampouco pudo superar a Eva un minuto despois cando o Fisober asumía os maiores riscos.

Ata que a dez segundos para o fin Patri aproveitaba unha cesión de Reichel para facer o definitivo cinco a dous.

Agradecer a todos eses siareiros do Fisober que viron o partido a través de internet.



No hay comentarios:

Publicar un comentario