SEGUNDA DIVISIÓN
RESULTADO :
FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – 4 ARCOS LOGROÑO. 1-7.
FISOBER : Eva, Inés, Elsa, Ana e Myrella ; tamén
xogaron : Noelia, Nuria, Olalla, Ylenia e Laura.
4 ARCOS : Ana P.
S. , Ana A. Sesma, Virginia, Bea e Natalia ; tamén xogaron : Sonia e Ana
Palacios P..
ÁRBITROS : Eduardo Corral e Pablo Fernández . CRONO :
Lucía Darriba.
GOLES : 0-1
Natalia, 0-2 Virginia, 0-3 Sonia, 0-4 Ana Palacios P. ( descanso ) 0-5
Virginia, 0-6 Bea, 0-7 Natalia , 1-7
Ana.
O resultado fala
por si solo, o Fisober xogou o peor partido da tempada e que se lle recorde e
perdeu a oportunidade de selar a salvación matemática ante un rival directo.
Aínda que o
partido arrancou cunha oportunidade para as locais froito dunha deixada de Inés para Ana foi un
mero espellismo.
Xa que o xogo de
ambos conxuntos era insípido e sen profundidade e cunhas xogadoras locais
que semellaban non estar metidas no partido. Así pasaron e
pasaron os minutos con máis pena que gloria.
Ata que os
catorce minutos unha contra das rioxanas rematou co gol de Natalia. Pero nin
con esas parecía reaccionar o Fisober. Os dezasete minutos foi Virginia a que
marcaba o segundo gol para as visitantes.
A pouco máis de
un minuto para o tempo de lecer era Sonia a que lograba o terceiro de maneira
similar os anteriores e chegando os últimos segundos desta primeira metade Ana
Palacios P. facía o cuarto e desesperanzador gol.
Con esa lousa
sobre as xogadoras locais arrancou o segundo tempo. As visitantes cada vez máis
tranquilas e as locais máis nerviosas. Así os cinco minutos da segunda metade
foi Virginia a que lanzou o balón petou
en Nuria e foi o quinto das rioxanas.
Nuria quixo
resarcirse e tivo unha boa ocasión para facer o gol da honra nese mesmo minuto.
Pero quen si marcou foi a visitante Bea para facer o sexto. As caras das locais
era un poema e as das visitantes
irradiaban felicidade.
Noelia mandou un
lanzamento o longueiro por parte local e Natalia facía o sétimo gol visitante mediada esta segunda metade.
Dende aquí ata o
final as locais buscaron polo menos un gol, que chegou a trinta segundos para o
fin por mediación de Ana.
Nunha tarde moi
dura e difícil para as da Costa da que
se poden aprender moitas cousas, a única boa noticia foi o debut da cadete
Laura en Segunda División.
No hay comentarios:
Publicar un comentario