SEGUNDA DIVISIÓN
RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – FLAVIÓBRIGA.
0-2.
FISOBER : Paula, Ana,
Noelia, Barca e Myrella ; tamén xogaron : Elsa, Inés, Nuria, Ylenia e Olalla.
FLAVIÓBRIGA : Elena, Erica, Tamara, Idoia e Lorena ; tamén xogaron : Cynthya, Vanesa e Ana.
ÁRBITROS : Juan
González e Miguel Vidal. CRONO : Alicia Castro.
GOLES : 0-1 Idoia
( descanso ) , 0-2 Erica.
Demasiado castigo
para o Fisober nunha tarde-noite do
sábado na que estiveron negadas de cara o gol a pesar de gozar de boas e innumerables
ocasións a pesar de non facer o seu mellor xogo, foi un deses días no que o
balón non quere entrar.
O arranque do
partido foi premonitorio do transcorrer do mesmo. Xa que no minuto un, un libre
indirecto sinalado polos colexiados a favor das locais, Ana sacou rápido e por
sorpresa para Noelia pero o gol non chegou, o igual que no resto da tarde-noite.
Pero quen si
acertou foi Idoia aproveitando un balón longo de Elena para poñer en vantaxe as
visitantes.
As cántabras
aproveitaron a situación, ben colocadas atrás defendéronse con moito orde e a
aproveitar situacións a contra. As locais nos primeiros minutos non sabían como
meterlle o dente as do Flavióbriga a pesar do infructuoso dominio.
Tivo que ser
Myrella cun lanzamento lonxano a que puxo a proba a Elena. A resposta foi pola
visitante Idoia. Mediada a primeira metade unha combinación a base de paredes
rematou cunha nova ocasión para Ana. Respostada desta vez por unha ocasión da
visitante Erica.
A nove para o fin
a xogada que resume o partido, a local Nuria atópase un balón na frontal axusta
o seu lanzamento e vaise a un pau, pasease por toda a liña e bate no outro pau
sen querer entrar e no “batiburrillo” posterior tampouco quixo entrar o balón.
As visitantes
seguían a facer o seu traballo e tentar asustar a Paula con algunha contra que
esta solventaba ben.
Nestes últimos
minutos seguiron a caer ocasións do
Fisober, sendo as máis claras por parte de Ana, Elsa e Barca pero a igualada
non daba chegado. Co cero a un chegouse o tempo de lecer.
A segunda metade
escribiuse co mesmo guión, pero todo empeorou cando os cinco minutos outra
contra visitante remataba co cero a dous obra de Erica. Un plus para o traballo
defensivo visitante e unha lousa para as locais.
As da Costa non
se rendían pero topaban unha e outra vez ca porteira cántabra Elena que se
tornaba en protagonista. Dúas moi boas ocasións de Elsa eran as máis
significativas.
Co paso dos
minutos as ideas nas locais esgotábanse e comezaban a xogar con máis corazón
que cabeza.
Pola súa parte as visitantes redobraban o seu esforzo defensivo e cada
contra era cada vez máis perigosa debido os riscos tomados polas locais.
Pero Paula facía
un par de boas intervencións. A cinco para o fin chegaron dúas ocasións que
poideron meter o Fisober no partido , unha por parte de Barca e unha de moi
clara despois dunha gran xogada de Nuria que Inés non foi quen de materializar
sola no segundo pau.
Chegando o último
minuto Nuria probou sorte por dúas veces dende lonxe, pero Elena non ía deixar
que lle marcaran un gol e con sendas intervencións fixo imposible a remontada.
Chegándose con este resultado o fin do partido.
Partido da primeira volta.
Pequena visión do Flavióbriga :
Pequena visión do Flavióbriga :
Fisober F.S.F.: Paula, Ana, Noelia, Maria y Myrella. Además: Elsa, Ines, Nuria, Ylenia y Olalla.
F.S.Flaviobriga: Elena, Tamara, Idoia, Lorena y Erika. Además: Cintia, Vanesa y Ana.
F.S.Flaviobriga: Elena, Tamara, Idoia, Lorena y Erika. Además: Cintia, Vanesa y Ana.
Goles: 0-1 Min. 5 Idoia; 0-2 Min. 25 Erika.
Buen partido el jugado por las castreñas, muy serio, concentradas en todo momento, y no dejando hacer el juego que quería el equipo rival. Último desplazamiento largo con buen ambiente, plácido y un lugar de estancia agradable, donde la acogida fue muy buena en todos los sentidos, de estancia en el hostal, de sus gentes y en todo momento agradable.
Las castreñas se mostraron muy superiores durante todo el partido, y de no haber perdonado tanto, el resultado final podría haber sido bastante más abultado. Reseñar el debut de la cadete Cintia, jugadora más joven en debutar con el equipo de Segunda División, que demostró buenas maneras y que tendrá más oportunidades de demostrar grandes cosas, sobre todo si quita los miedos, y a su vez la entrega de todas las jugadoras que se desplazaron hasta Vimianzo en A Coruña muy cerca de la costa de la muerte.
Las castreñas se mostraron muy superiores durante todo el partido, y de no haber perdonado tanto, el resultado final podría haber sido bastante más abultado. Reseñar el debut de la cadete Cintia, jugadora más joven en debutar con el equipo de Segunda División, que demostró buenas maneras y que tendrá más oportunidades de demostrar grandes cosas, sobre todo si quita los miedos, y a su vez la entrega de todas las jugadoras que se desplazaron hasta Vimianzo en A Coruña muy cerca de la costa de la muerte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario