LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – PONTECESO.
0-7.
FISOBER B : Martina ,
María, Tamara, Inés e Laura ; Iria, Mónica, Natalia e María Maroñas.
PONTECESO : Salomé, Ana, Martina, Carmen e Sandra ; tamén
xogaron : Alba Reyes e Alba Marrozos.
Árbitro e mesa : Vicky Mosquera e Sandra Vilouta.
GOLES : 0-1 Sandra , 0-2 Carmen, 0-3 Martina, 0-4 Sandra (
descanso ) 0-5 Martina, 0-6 Carmen , 0-7 Carmen.
Puxo fin a liga
nesta tempada o filial do Fisober e fixo cunha clara derrota no derbi fronte o Ponteceso nun partido
no que foron de máis a menos, empezaron ben pero foron diluíndose co transcurso
dos minutos.
O partido
arrancou interesante e nos primeiros minutos estivo disputado. A primeira
ocasión clara foi para a visitante Carmen ben resolta por Martina.
Despois chegaron
tres grandes contras do filial nas cales nin María na primeira, Inés na segunda
e Iria na terceira foron quen de superar a Salomé.
Quen si atinou co
gol foi Sandra a que aproveitou nunha contra para superar a Martina e conseguir
a pracer o cero a un os once minutos de partido. E case a continuación aumentan
vantaxe as visitantes cun lanzamento o pau.
Puido igualar
Natalia cando se lle escapou un balón a Salomé, pero esta última reaccionou a
tempo antes de que a local impactara co balón.
A once para o fin
desta primeira metade era Carmen a que facía o cero a dous. Unha xogada
individual da local Inés foi a última gran opción das locais de voltar a entrar
no partido pero tampouco foi quen de superar a Salomé.
A oito para o fin
chegaba o terceiro gol visitante obra de Martina e a catro para o tempo de
lecer era novamente Sandra a que facía o cuarto.
Dende aquí ata o
final destacar unha ocasión de Tamara quen tampouco atopou o desexado gol
local.
O arranque
despois do tempo de lecer foi definitivo. En cinco minutos chegaron tres novos
goles visitantes. Primeiro era Martina a que facía o quinto, o sexto foi
despois dun lanzamento de Carmen o cal petou en Natalia e se introduciu na
propia portería e novamente Carmen facía o sétimo e definitivo gol do partido.
Dende aquí ata o
fin non se moveu o electrónico aínda que os dous equipos tiveron claras
ocasións. Para as locais podemos destacar un lanzamento o pau de Inés e un man
a man de Inés que sacou unha xogadora visitante baixo paus.
VERSIÓN PONTECESO.
PARTIDO PRIMEIRA VOLTA.
VERSIÓN PONTECESO.
PARTIDO PRIMEIRA VOLTA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario