LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : ESPARTANAS – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO”:
5-1.
ESPARTANAS : Sandra, Adriana, Cristina, Laura e Rebeca ;
tamén xogaron : Marta, Carmen, María, Paula e Andrea.
FISOBER B : Natalia,
Noe, Paula, Inés e Laura ; tamén xogaron : María, Tamara, Mónica, Iria e María
Maroñas.
Árbitro e crono : Borja Moreira e Juan Pose.
GOLES : 0-1 Inés, 1-1
Andrea , ( descanso ) 2-1 Adriana, 3-1 Adriana, 4-1 Laura, 5-1 Laura.
O sábado pola tarde na Coruña o filial do Fisober amosou a
súa cara B e nun mal partido perdeu
todas as opcións de mellorar un posto na clasificación despois de caer de forma
clara e merecida fronte o rival que as precedía na clasificación.
Xa dende os
primeiros segundos se vía que non ía ser o día do filial. Os cinco minutos
apareceu a primeira ocasión local por parte de Cristina.
Aínda así unha
xogada individual de Inés os nove minutos puxo en vantaxe as da Costa, pero foi
un puro espellismo xa que nin mellorou o xogo , nin deu tranquilidade as
visitantes.
A resposta local
foi cun lanzamento o longueiro de Laura. Os trece minutos Andrea poñía a
igualada no electrónico.
O xogo
empantanouse e pouco máis podemos destacar da primeira metade.
Despois do tempo
de lecer nada mellorou para as visitantes e os cinco minutos Adriana aproveitaba un erro
das da Costa e poñía en vantaxe as
locais e solo un minuto despois facía o terceiro.
O que foi un duro
golpe para as visitantes que xa non foron quen de reaccionar. Mediada a segunda
metade dous goles de Laura puxeron unha distancia clara a favor das locais.
Tentou marcar
algún gol o filial do Fisober pero con máis empuxe que xogo, solo algunha ocasión aislada de Noe e María
puxeron en algún apuro a Sandra que respondeu con solvencia, chegándose o fin
do partido cunha clara e xusta vitoria local.
Do pouco de
resaltar do filial foi que Natalia debido as lesións tivo que actuar como
porteira, algo que solo fixera unha vez en partido oficial.
Video subido por @EspartanasFS da primeira parte.
Video da segunda parte.
Video subido por @EspartanasFS da primeira parte.
Video da segunda parte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario