miércoles, 25 de octubre de 2023

Temporal e carencias.

 Chegan os trebóns e como temos tempo vamos a darlle un pouco cas carencias do Real Madrid, co Clásico xa as portas, non son conclusións do partido de Braga, algunha é incluso de antes de comezar a tempada.



Primeiramente, non me gusta que o club acuda o palco o sábado, con todo o que está a pasar e o que están a dicir de nos, como para dar abraciños coma JAS o outro día.

Despois de ver o que lle está a facer o Carlo a Brahim, pensades que Kubo que sería un bo fichaxe por tan solo 30 kilos se non lembro mal, vai querer vir para aquí. Puxo a Lucky por diante del en Braga, un dos poucos activos que temos en ataque e non lle da nin bola, así comeza a ter o equipo xa mamado en outubro, xogando sempre os mesmos, e iso que onte rotou algo. 

Entre que o plantel é curto de calidade, Carlo que o fai máis curto, as seleccións, pois o dito mamados xa, Jude, Fede ou Rodry xa se ven cansos, e Carva xa sabemos que pronto caerá, o igual cos dous que rotaron onte Alaba e Mendy que irán de lesión en lesión. Coma Ceballos, que xoga a oca cas lesións.

Prefire que un titular revente antes de que xogue un suplente ou contar cun chaval, hai pouco por onde tirar, si, pero sempre tira pola corda máis fácil.

Ou o club se toma en serio a falla de calidade arriba ou o Madrid o pagará. Tes que sacar a Lucas porque eres incapaz de sumar a alguén da canteira. Vai sendo hora de admitir que non é sorte que cada vez que un porteiro xoga contra o Madrid teña o seu mellor día. Falta calidade para definir.

O de non ter máis dianteiros é culpa do club, obviamente, pero o de non darlle minutos a Brahim é culpa total e absoluta do Carlo. Joselu é un bo recurso pero un mal discurso. Por suposto que mellora a Mariano, o problema foi non fichar o sustituto de Karim.

Penso que entre xestionar a economía do club, como se fóramos o Palancas e tirar toda a tempada con Joselu como único nove puro, ten que haber unha gama de grises, nos cales a T4 debería terse mollado. Porque levamos uns anos a velas vir entre o Bappé e o Endricki e non pode ser. Dame moita rabia que como nos movemos co mercado da rapazada se nos escapase Julián Álvarez por 17 kilos, imperdoable, pero claro é arxentino, non brasileiro. E coma brasileiro Gabriel Jesús, entre os pasaportes e andar lentos, outra boa pifia.

Miña crítica é o modelo de mercado o Bappé ou ninguén, sabemos que para nos os xogadores encarecen, pero no seu día fichamos a Mesut ou Di María, non podemos estar para sempre con Jovic na cachola.

Meu querido Lukita, que non pode cas medias e cascase minutadas ca sele, e despois pide minutos, para pedir minutos fai coma Toni e despois falamos. Lukita que che queremos, en 30 minutos luces máis ca xogando sempre os 90, non te trabuques por favor.

Non falemos do tema Lunin, non sei porque lle quere tan mal Carlo, para ter por diante tan claramente a Kepa, que non da seguridade ningunha, vive baixo paus e por arriba é peor ca Íker, aquí si podería rotar algo.

Unha pena que Fran quede retratado tantas veces, por menos o Carlo cargouse a Miguel que nos gusta moito máis. Pero polo menos as lesións e carencias no lateral esquerdo danlle minutos. Non ten nivel defensivo de elite, tócalle traballar moito se quere facer carreira aquí, baixar as orellas e darlle non queda outra. Pois as oportunidades de Fran querémolas para outros, non me vou queixar de que lle dea minutos, pena que Miguel ou Arribas non gozaran deses minutos que foron para Hazares, Marianos, Marcelos ou Iscos  en decadencia e demais ex-xogadores  da vida.

Kepa ou o central que suban da canteira, son solucións lóxicas e gratuitas ante dúas baixas Tops de longa duración, aínda que un servidor exploraría o tema do central. Pero o de deixar saír así a Karim e non fichar a ninguén, nese tema centro a crítica.

A directiva está a xogar conque xogando a que si grazas o nivel lamentable da liga o equipo a gaña ou pelexa, poñen a medalla e si a perden aínda dando pena coma o ano pasado, pois outro verán dándonos o tema con Bappé.

E todo porque a crítica está calada fora de redes, a xunta non se sinte na obligación de dar explicacións sobre a xestión deportiva.

Necesitamos ter un mister na liña do que estás a construir.  Que non deixes posicións sen cubrir porque planificas a futuro cun adestrador que pinta que se vai para Brasil. Que como tiras de xuventude pois tes que mirar algo a Canteira e planificar con ela. 

Non comprendo que tíos de máis de vinte anos sigan no filial, se non chegaron a facer a mili polo mundo e se valen voltarán. Pero saber a onde os mandas, buscarlle equipos potables para que si poden explotar o fagan. Aquí sempre fomos moi de Kubo e mandárono a sitios cero bos para el. E non recordemos o de Fede na Coru. Aguantálos con vintepico para intentar subir a un Castela que total non o consigue. Por exemplo Nico, como moito outro ano no Castela, non podemos telo eternamente en Primeira REFF, coma os Arribas, Marín, Peter...., que van a menos en vez de progresar.

Temos que coidar a Vini, moito máis. Que Vini entra o trapo moito, evidente. Sábeno os rivais e nos. Pero calquer outro xa teríamos desquiciado coa campaña de acoso dende prensa e gradas, cando intentas facer teu traballo. Non temos que convencervos de que Vini é un santo, pero si lle tiras un plátano ou lle fas xestos racistas, acabouse a discusión.

Para rematar non sou menos madridista por estar pouco ilusionado ou ser crítico. Emocionome igual, sigo vivindo a Champions no Ensanche cos colegas, e a falar nos grupos de "juasap" ou co meu pai. Non hai que aplaudir todo porque sexa o Real Madrid. Aplaudir non ter dianteiros ou que non se fiche ou se rote non ten sentido, porque iso na miña opinión alónxate de gañar, e fastidiariame outra temporada random, tendo como temos os rivais nacionais, nicrariensis aparte.

P.d. : Un día temos que falar de porque en Spain non hai o fora de xogo semiautomático e de liña de gol, a quen non lle interesa? O que se sube os cartos, os seus colegas..... por certo Flo o único que lle vota en contra sempre.


Outros:

Mercao de verao.

Curtiño e o pé.

Bappé ou Lukita.

RT: Revolución.

O xuiz.

Madridismo sociolóxico.







No hay comentarios:

Publicar un comentario