sábado, 21 de octubre de 2023

Desmontado mitos. O xuiz.

 Hoxe vamos iniciar unha nova sección no blog, a ver canto nos dura. Vai ser a de ir desmontado mitos, actuais e pasados por parte dos seguidores culés e antimadridistas, para elo vamos a aproveitarnos de fíos, ou traballos de madridistas nas redes. Tócalle as mentiras sobre o xuiz.



Comezamos cun fío de Pepe Kollins, recomendo para máis información que o vexades no seu perfil, porque neste blog tan solo utilizamos fotos propias e as fotos son chave.

Os culés insinúan constantemente que o xuiz Aguirre é un habitual do palco do Bernabéu e iso que vive en Barcelona e para constatalo poñen unha foto sinalando o xuiz. Pero é a persoa que sinalan o xuiz Aguirre. Si ampliamos dita foto vemos a Florentino con Bartomeu coma presidentes. Polo tanto a foto ten que ser do periodo 2015-2020. 

Despois Pepe Kollins sube dúas fotos do xuiz Aguirre en 2012 e 2017 e claramente non parece o da foto que marcan os culés. Pregúntase o porque da confusión? 

Pepe busca unha explicación, polo tanto pensa que un culé buscará a relación entre o xuiz do caso Negreira e o Real Madrid. Que farán, pois googlear o nome do xuiz, Real Madrid e palco do Bernabéu. Pero sen os resultados esperados.

Así que optan pola segunda opción, pois poñen xuiz Aguirre en Google. Ollo aparece unha foto de Ok Diario no que aparece o señor da primeira foto marcada. E vai e pon xuiz Aguirre, pero o señor da foto non é o xuiz Aguirre. Resulta que é David Madi, dirixente independentista e home de confianza de Puigdemont, imputado polo xuiz Aguirre. 

E claro obviamente ata o fin dos tempos, contaránnos que o xuiz Aguirre non se perdía un partido no Bernabéu. Será como as presuntas declaración de Plaza que xamais pronunciou, iso da para outro desmontando mitos. Realmente fora o árbitro Camacho corrompido por certo club e non precisamente o Madrid, manda truco.

Sobre os criterios do xuiz en canto a figura da prescripción penal e en concreto respecto ó dies a quo ( inicio do cómputo ) e isa extrana conta cara atrás  fala Palomo Victoria:

1.1 En canto ó DIES A QUO, é a data a partir da cal se debe comezar a computar o prazo de prescripción. No suposto delito continuado, o cómputo iníciase o día no que se realizou a última infracción (132.1 CP ).

1.2 No caso de Negreira, súa última factura emitiuse, a través de DASNIL 95. Si, o día 5/06/2018, polo que en dita data iniciase o prazo de prescripción.

1.3 O prazo de prescripción da corrupción pasiva ( Negreira) é de 15 anos. Dado ca querella de Estrada admitiuse en marzo de 2023, a prescripción quedou válidamente interrumpida.

1.4 En canto a Laporta, o xuiz toma como data inicial para o cómputo do prazo de prescripción, a data na que consta o último pago efectuado polo FCB a Negreira, é dicir, o día17/07/2018.

1.5 Para elo, fundaméntase na denominada autoría adhesiva ou sucesiva, na cal un suxeito súmase ó comportamento de outro co ánimo de lograr ou continuar coa consumación do delito.

1.6 Por elo, a pesares de que o primeiro mandato de Laporta finalizou en 2010, o xuiz decide atribuirlle coma última infración a de xullo de 2018. Dado que ó prazo de prescripción da corrupción activa é de 10 anos, tamén estaría correctamente interrumpido en marzo de 2023.

2.1 Respecto a conta cara atrás, sorprendente porque supón unha interpretación favorable ó reo. 

2.2 No caso de Negreira, a pesares de que existen pagos acreditados dende 2001, o xuiz sinala que solo poden enxuizarse os actos anteriores ós 15 anos anteriores dende súa última infracción, é dicir, dende 5/06/2003 ata 5/06/2018.

2.3 Esta interpretación cremos que obedece o feito de ca introducción do delito continuado tivo como obxecto mitigar as consecuencias que se derivarían de castigar de forma separada cada unha das infraccións.

2.4 Dado que supón un beneficio para o reo, non pode implicar alargamento máis alá do seu propio prazo de prescripción, destas infracción iniciais. a pesares de formar parte do delito continuado.

2.5 No caso de Laporta ocurre o mesmo, os feitos imputables serían os realizados dende xullo de 2008 ( 10 anos ata o último pago) a pesares de que o primeiro mandato de Laporta se iniciou no 2003.

Outro fío de elmozo7 :

Un auto debe ser analizado no seu conxunto ou polo menos por partes, moi diferenciadas neste auto: delito de cohecho, ( jurisprudencia, proba indiciaria, tipos, participacións....), do delito de administración desleal....

Este artigo refírese ó delito de cohecho e a proba indiciaria. Na base a xurisprudencia do Supremo ( STS 89/ 2010) establecéronse os requisitos para que a proba indiciaria poda ser considerada proba de cargo. Explica esto porque no cohecho non sole haber proba. Non se pode atopar un papel no que se explicite o porque dos pagos ( sobornos) o funcionario. Ninguén deixa escrito para que soborna ó funcionario. Non sole haber probas salvo que algún cante a Traviata, que ó non ter comezado as testificais e quedando investigación por facer, pode ou non haber probas/ confesións. Daquí co xuiz no auto analice a proba indiciaria e os seus requisitos.

No punto 3 dos requisitos fala da razonabilidade da inferencia. De si é razoable deducir ou concluir cos indicios o efecto producido, o efecto dos pagos.

A partires daquí, o xuiz analiza os feitos contrastados. Pagos acreditados, 18 anos, aumentándose ano a ano. EN era vicepresidente do CTA. Burofax de EN o Barça sobre as irregularidades que coñecía.... O xuiz esquécese incluir aquí a declaración de EN a AEAT, o cal daría máis empaque as interferencia lóxicas que extraen destes feitos contrastados.

Aquí é onde os medios en xeral descontextualizan. Incluso algún experto en Dereito Penal. Se non se cita todo o anterior, non se contextualiza, e por riba extráense frases soltas, e remátase desinformando o lector, que pode non saber de Dereito e pode non ter lído o Auto. 

O que di o xuiz ten unha lóxica aplastante, os pagos eran espurios ( analizao despois) xa que o propio Barça aceptou e pagou dúas Actas de conformidade por case 1 mill por liberalidade ( falsas) das facturas. 

Non sei a vos pero a min nunca me subiu o soldo un xefe que non estivera contento conmigo.

Se os pagos eran para influir en arbitraxes, da maneira que fose, lóxicamente corrompeuse o estamento arbitral. Non todo pero si en parte. Pero isto non deixa de ser inferencia, unha conclusión lóxica do efecto buscado cos pagos. 

Máis adiante o xuiz deixa claro que se demostrará dita influencia ( suma de indicios e/ou proba) estos árbitros tamén poderían ser imputados. 

O propio xuiz explica porque se fala no Auto de feitos constatados e feitos inferidos ( deducción lóxicas) dos pagos. 

1( feitos contrastados) + 1 ( indicios) +1 ( inferencias)= posibel condena aínda que incluso non haxa probas. 

Por suposto pódese criticar e non compartir o Auto, ou si, pero non se pode descontextualizar.

NdA1 : Todo isto falando do delito de cohecho. Considera tamén aplicable o delito de corrupción deportiva xa que ambos son de mera actividade.

NdA2: É tanta a xurisprudencia aportada no Auto que incluso menciona a recente sentenza do caso Osasuna para deixar en evidencia os supostos informes do Barça xa que tamén houbo pagos por informes. Non arbitrais, senón futbolísticos, pagos por informes de rivais.

Outros:

Hechi e Franco.

Madridismo sociolóxico.


No hay comentarios:

Publicar un comentario