lunes, 30 de octubre de 2023

Apuntiños do Clásico.

 Vamos a deixar uns apuntiños do Clásico.



Fastidia moito que o Madrid salga a xogar estes partidos coma se o Barça non lle tivera pagado o segundo dos arbis case vinte anos, coma se foran colegas, como se non quixéramos gañarlles. A actitude nestes partidos bastante decepcionante.

Sobrevivimos ó plan de partido do Carlo. Voltou a mostrar medo e non debe facelo. Cando subimos liñas e con Eduardo e Lukita todo mudou.

Jude é unha cousa sen xeito. Tan solo os elixidos gañan partidos sen xogar ben. Sabíamos que era bo, pero non tanto. Tampouco nos flipemos, non é CR, nin é goleador, cando baixe nos seus rexistros non o queimemos. Jude cun bo nove por diante que sería?

Rodrygo aínda que a día de hoxe non o pareza é moito mellor xogador ca Joselu, pero Joselu mellora claramente o xogo de ataque do Madrid. O simple feito de ter un nove xa fixa centrais rivais. Teus interiores poden chegar.

Teus extremos non poden encarar sempre a dous ou tres. Vini sigue a insistir en encarar dende estático. Debe tocar e mover rápido, encarar cando vaia coma unha moto ó espazo.

O problema con Vini e Rodry é importante, porque son o plan A e B do equipo, quizais o C, son outros pero pouco plan C temos. Joselu, Brahim e Guler. A ver si espabilan os brasinenos. 

Rodry está totalmente fora, e penso que é sobre todo mental. Necesita algo de banco para entrar coma revulsivo e ir collendo confianza dende o banco para marcar goles. Seu futuro está ligado a reconducir esta situación. Como sempre dixen Rodry no ten o umbral de Vini, pero é un xogador sempre de 7 ou 8, chave para un Real Madrid.

Camavinga é outra cousa sen xeito, vaia xogador. Da igual onde o poñas. Pero ollo, Seedorf seguro que tamén podería ter sido un gran lateral na súa banda. Pero perderíamos a un dos mellores medios do seu tempo. Non fastidiemos a Eduardo, pode ser lateral por un momento puntual, pero recurrir a el constantemente por mala planificación é perder un medio impresionante.

Edu é fundamental, non solo polo que aporta co balón nos pes, senón por todo o que aporta sen el. Cando ves un xogador no campo que corre e corre tralo balón e que aparece por tódolos sitios, non tes máis pelotas que seguirlle o ritmo, esa é a actitude.

A lesión de Tchu unha pena, porque o ano pasado dende que se lesionou  e foi ó Mundial xa non voltou a dar o nivel, agora que estaba on fire. Ademais dous meses para que Carlo faga "carlotadas" cos nosos queridos velliños que non deberían xogar xuntos. Ademais as continuas lesións de Alaba, Mendy, Ceballos e Guler deixannos sen multiples opcións para esas rotacións. Porque estamos en momento para rotacións, de feito témome ca lesión foi por iso, e Jude tamén está canso por exemplo.

Grandes minutos de Lukita, eses 20 ou 30 son os que debería aspirar en grandes partidos, nese rol sigue a ser diferencial. Nese papel pode sumar moito, ademais cos rivais xa cansos.

Os trocos melloraron ó Madrid, pero os do Barça fixérono peor. 

Se vedes completa o segundo gol do Madrid, igual a excusas men dalle unha volta, de sorte ten pouco, pero dáselle ben o relato a Pelopo.

Claramente nin nos, nin o Barça estamos para ser Top en Europa, se nos colle o City ou o Bayern, chau, chau. Si o Barça non gañou a este Madrid, mima. Ollo co Atleti este ano. Si chegamos a ir a por Harry Kane si a economía nolo permitira. Ser algo en Europa necesita a mellor versión dos brasinenos en ataque e que o resto cumpla coma ata agora.

Dame medo, porque con Carlo sempre gañamos o primeiro Clásico de Liga e despois vamos a menos coma as mareas. O noso como di o outro todo é sorte.

Pechamos a semana con dous clásicos en basket e fútbol, resoltos da mesma forma. Partidos lamentables dos nosos durante boa parte deles e aínda así triunfo pola mínima no derradeiro minuto. Que tódalas nosas peores semanas sexan coma esta. As notas en maio. Ata logo raparigos.

Un apuntiño final fora do fútbol o partido estivo moi lonxe do divertido que era o mítico Chandler Bing de Friend, Matthew Perry que tantas e tantas tardes nos salvou durante anos os da miña xeración, sempre nos nosos recordos de tempos mozos. DEP.

Anteriormente:

Temporal e carencias.

Mercao de verao.

O árbitro do clásico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario