lunes, 3 de julio de 2023

Mbappé 2023 ou Lukita 24.

 Pois coma tódolos veráns salta a nova e voltamos a falar do sapoconcho e da súa posible chegada ó Real Madrid.



Aquí pouco máis temos que dicir sobre o tema. No 2017 xa pensamos que o estaba fichado e carallaso. Desa non foi pero en agosto do 2021, si que si, que viña xa, e outra vez carallaso. Tranquilos no 2022 remata contrato e desta seguro que ven, tracatrá e ridi, cousas do sapoconcho.

Pois nada outro verán que as webs van encherse de clicks de xente que pica, pois aquí xa o contamos todo e pouco vamos engadir.

Spoiler, non vai vir. O único que demostrou estar buscando sempre é o cartiño, o máximo posible. Non é de fiar e ten moita peseta a mollo que perder para vir. A ver rapazada, ninguén debe estar por enriba do club, e este xa nos mareou unhas veciñas como para non saber do tema.

Temos os casos de Lukita e Karim fresquiños. Lukita é unha mensaxe o fútbol. Non todo é diñeiro nunha escala suprema. Deportivamente penso que era o mellor momento para dicir adeus, pero co que quero a Lukita non podo ser o que lle de a patada. Os roles do mediocampo sin el quedaban mellor.

Pero un xogador tan de club coma Lukita nunca pode ser un estorbo. Si hai un adestrador que o pon o 90% dos minutos tendo tantas alternativas coma ten o problema é do adestrador, non de Lukita. Debería dosificalo e darlle o que merece, facelo sentir importante e que aporte a rapazado do vesitario, se con case corente o xoga todo xa sabemos a que porta chamar.

Tan solo espero e confío que esta tempada que pode ser a última do noso Lukita, nos deixe a todos, el incluido o gosto de lenda que merece.

Non nos desviemos, que sapoconcho non vai vir e que necesitamos alguén arriba, que non me vendan outra vez ano de transición, ten que haber alternativas no mercado a moitos prezos, non podemos vivir eternamente con Jovic e Hazard na cachola, pero deso falaremos nunha próxima ocasión con máis tempo, aquí viñemos a deixar claro que de sapoconcho xa falamos no pasado. Que é o mellor do mundo na actualidade, posiblemente, que hai outros xogadores fichables tamén.

Queda pendente se o tempo nolo permite falar de máis cousas sobre o Madrid nas próximas semanas ou días, quen sabe, permanecede atentos e dádelle móitos clicks o blog.

Anteriormente:

Sapoconcho . 

Ridibapé . 

Real Madrid e letras galegas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario