jueves, 26 de octubre de 2023

Carencias en feminino.

 Hoxe toca darlle un pouco ó Real Madrid feminino e a Toril.



Aquí somos dos que dende o día despois de perder a final de Copa da Raíña e sobre todo como se perdeu, cun dous cero no último minuto pois Toril non debía seguir. Dame que non somos os únicos, por exemplo esta semana presentouse a entrega dos coches as xogadoras e tiveron que sacar a Toril do post porque a xente víñase arriba, por algo será.

O equipo lonxe de mellorar está en claro retroceso, cada unha das xogadoras parece un pouco peor cada día, a algo se debe iso. Se lle xuntamos que temos centrais que non dan o nivel, un posto que por certo era chave mellorar e incluso o empeorastes, pois pouco que dicir. 

Se aínda por enriba, por desgraza perdes a túa mellor xogadora, a que lle daba maquillaxe a moitas das cousas de Toril, pois peor mo poñes. Din os "bancos da lonxa" madridistas que Toril está a disgusto, que contaba ca saída de Raúl e pillar cacho e por iso vai todo tan mal. De ser así, que se pire e deixe a algúen que queira de verdade.

Como di Marina: " O problema o ano pasado eran a falta dunha dianteira autosuficiente, dunha central de xerarquía e dun adestrador " , se non mellorastes ningunha das carencias.

Levamos dous meses gañando partidos polo frouxo nivel das rivais, a pouco que nos collío un equipo algo traballado, chegou a primeira derrota, e vai dar gusto co grupo de Champions que nos tocou, case nada. Chelsea, Paris FC que ven de cargarse a dous Tops, e o Hacken.

Tamén nos conta ZZTOP_ : " Agora mesmo firmo quedar terceiras en Liga se sigue coma "adestrador" Toril. A parte de que o equipo non subíu o nivel do ano pasado nada, os fichaxes son para facer plantel e pouco máis. Raso, que nos cae moi ben a todo o mundo, levemente ten nivel para xogar no Real Madrid de titular. Váleche coma troco xa. É mellor ca C. Moller que é mala coma unha dor? Si, eso si. Oihane é mellor ca Kenti pero é que a mexicana está xa para o retiro.

Bruun está por ver que aporte máis ca Esther. De momento meteu algún que outro gol de empuxar como facía a española. Vai aportar pero non é unha dianteira ameazante. Por algo mudou Lyon por Madrid, tamén o digo.

O resto un adestrador horrible e a lesión de Weir. O centro do campo é moi bo pero o único recambio e Maite.  Freja Siri? A defensa é de segunda división case e Misa quedouse. "

Nos "bancos da lonxa" madridistas tamén se di, porque se renovou a Moller ou se trouxo a Siri, porque os fichaxes son sempre do mesmo representante, apuntan moito a Ana e a desidía de Flo, que parece que ten o equipo coma unha obligación dos mundos modernos. Tamén se di que a renovación de Misa non é primordial para o club. Pero bueno ela non ten culpa de que Tole a tape a ela no segundo gol inexplicablemente, ou que nos casquen os dous por arriba.

Agora chega o parón de seles, pero moitas xogadoras quedan sinaladas e por enriba de todas o señor Alberto Toril que xenera máis confusión que optimización de recursos, nunca esquenceremos que seus ataques de adestrador custaron un título, quen sabe cando voltamos a ter outro a tiro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario