martes, 30 de agosto de 2022

A fábrica.

 Pois este finde por certas situacións tocoume moita hora de sofá e casa co cal lle puxen un ollo a canteira do Real Madrid e decidín escribir unhas letriñas.



Vinlle o partido do filial co Balona, o equipo fíxolle un bo partido, moi superior ao que esperaba. Sinceramente non dou un peso polo equipo que baixou bastante o nivel con respeto ao ano pasado, pero claro a tempada pasada fracasamos. Perdemos dous puntos por non durmir o choque, con demasidas perdas que derón vida aos da Linense.

Moi ben Álvaro e Peter, este último conectou xenial cun Arribas que fixo un partido superlativo e aínda así rascamos solo un punto. Pero claro a tempada pasada como locais no Didi fomos moi sostibles o problema foi a domicilio, veremos o domingo en Ferrol e pola Tvg2 que tal xurdimos. Por certo un penaltiño no desconto que nos tangaron.

Non creo que as categorías inferiores sexan para sacar solo resultados que parece ser o que queren, unha obsesión por subir o Castela para nada. Sinceramente debería ser para intentar formar xogadores que quizais cheguen ao primeiro equipo, algo que no Madrid é case imposible.

Este ano chimpamos a case todos, aos que non me valían, Sergio Santos, Marvin, Gila.... aos que quizais poderían dar algo coma Latasa, Chust, Morante  ou Blanco e a Miguel que sempre foi dos nosos. Pero bueno a táctica da venda da metade dos dereitos parece cando menos boa. 

O que é máis discutible e a elección dos destinos coma o Cádiz para Blanco, malo, como foi no seu día o destino de Kubo, Reinier ou Lunin. Tampouco gusta que Miguel ou Reinier anden por Girona pero a ver se polo menos xogan, son os dous que máis me enchen o ollo.

E claro despois estamos a espera de ver si saen Asensio, Hazard ou Mariano, que non vai saír ningún pero de saír e de facelo hai xente que pensa que o Carlo e o club como nos vende ían poñer a Arribas ou Peter. Obviamente aquí molaríanos iso e tamén contar con Íker Bravo que tamén nos sube o hype pero non vai a ser así chavales. 

Ollo que o da rapazada non é solo cousa do Carlo, que é un tío que non arrisca un peso, o Madrid fai moito que utiliza a canteira coma xerador económico ca coma suministrador de futbolista para o primeiro equipo, claro que para o Madrid non vale calquera, pero claro tamén o que pasou con Jovic, Odriozola, Hazard... tirar cos cartos dunha maneira bonita.

Por certo hai que recordar algo, por si facemos vendas, Asensio foron 2100 minutos o ano pasado, Jovic 540, Mariano 400 e Bale 300, e o tío non lle vai dar os seus minutos aos Arribas, Peter que caen preferentemente a dereita ou aos Álvaro ou Bravo para arriba, como non quixeron contar con Mayoral que era o perfecto suplente para Karim ou mesmo Latasa e sobre todo nun ano tan raro coma este do Mundial en inverno.

Que non me vendan o do fichaxe post mundial dun crack porque un xogador que despunte no Mundial non ten porque ser o home adecuado, recordemos o que pasou con James ou no seu día con Super Drenthe nun europeo sub 21, aquí coma sempre preferimos aos nosos.

Dos que quedan como decimos Arribas, Peter, Íker son do noso gusto, probar a Julen Jon, Rafa Marín vaino ter moi chungo o seu posto está cubertísimo, Pablo Ramón quedóusenos e  no lateral dereito temos dous grandes prospects,Álex Jiménez e Vini, a ver.

A xeración que gañou a ansiada Youth League para Flo e non rascan minuto, que vai pasar con outras peores, pois iso.

Si hai tempo toca seguir aos filiais nas Tv´s en aberto.

Pero claro por algo nos escribimos cousiñas aquí e outros son os que xestionan tan ben o mellor club do mundo sen débedas, arranxando o estadío e sobre todo sen palancas, nos solo decimos que se non queren gastar uns minutiños para a rapazada respetámola.

P.d. : Si Asensio queda coa intención de saír gratis para o ano, non creo que a súa motivación sexa a adecuada despois do Mundial.

P.d 2: Regui, Llorente, Morata, Hermoso vs Carvi, Nacho, Lucky, Mariano.

Anteriormente:

Palanquiñas do verao.

Rt Casemito.

A 14.




No hay comentarios:

Publicar un comentario