domingo, 20 de noviembre de 2022

Pre Mundial.

 Antes de que nunhas horas se inicie o Mundial de fútbol queríamos dende aquí escribir unhas liñas, pero non sobre dita cita senón sobre as sensacións do Madrid ata a data.



O equipo para un servidor comezou de máis a menos, bastante ben ao principio e un pouco ao tran-tran ao final. 

Ben na Supercopa de Europa gañando o título, o que se nos pide. 

Cumprindo  na Champions pasando coma primeiros de grupo, e sen excesivos problemas na clasificación, co racaneo típico do Madrid por estas datas. Tocounos o Liverpool, un duro rival, aínda que a bo seguro que a prensa comezará a dicir, que están gordos, que son o peor Pool da década e demais falacias típicas cando nos toca un equipo. 

E na Liga no tema de puntos tamén estamos  a cumprir, levamos máis co ano pasado, e gañamos o Derbi a domicilio e o Clásico. Cal é o problema que aínda así chegamos por debaixo do Barça. Unha pena os dous pinchazos antes do parón ante Girona e Raio. De ter chegado por encima dos culés na táboa ao parón a bo seguro que eles chegarían con dúbidas, sobre todo despois do descalabro en Champions. Este ano a Liga vai ir supoñemos máis aló dos 90 puntos, por iso cada picada conta.

O 31 de decembro en Pucela se non lembro mal arranca unha Liga de 24 xornadas na que o Madrid depende de si mesmo, isa debe ser a mentalidade. Chegamos vivos a 2023 que cos nosos precedentes despois de boas tempadas, xa é importante. 

Ademais o último mes pre Mundial tivemos a moita xente moi dispersa. O erro de Modric fronte ao Cádiz e a cantada de Tibú son a maior mostra de que todos están pensando no Mundial. Estaban despistados, esperamos que ao voltar de alá, esten moito máis centrados porque como dixemos o último mes foi desesperante.

Da un pouco de medo ver como veñen algúns, por sorte para nos, unha pena para el a baixa de Karim é unha bendición para nos. Karim agora mesmo está nese punto no que si forza para xogar o Mundial, o mesmo o paga para o resto da súa carreira. É unha putada, porque era seu Mundial, no seu momento, despois de ter tragado tanto, pero é o máis intelixente.

Como di un compañeiro, si a Karim lle deu o "viejazo", estamos fodidos, porque é normal entrar nunha fase de lesións cando eres veterano, recordaba o último ano do Churu.

Da medo tamén Lukita porque para nos é a chave de todo, a ver se van caendo pronto eliminados.

Despois coma sempre ca mosca detrás da orella do tema Mundial, como volten física e da cabeza algúns, porque hai centrarse dende o día un, nun ano tan cheo de partidos. E claro non deixa de ser ano dous de Carlo, xa sabemos o que pasou da outra vez a volta de Nadal que todo descalabrou con estrépito despois dun gran arranque.

Sinceramente cremos que temos bastantes pezas en defensa e no medio pero para arriba estamos escasos. Rodry e Vini a ver como volven os brasileiros despois do Mundial co que representa esto para eles, Karim que xa vemos como anda o pobre. 

Despois estarían os suplentes, Asensio o primeiro a día de hoxe, rematou bastante ben o pre parón, obviamente estábase a xogar unha praza na cita e corrío como facía tempo que non facía. Non discutimos a súa calidade pero si a súa implicación. Aínda que como dicía un adestrador que coñezo, si Asensio moi ben os últimos partidos, pero xogou el e non se gañou nin a Girona, nin ao Raio. Despois do Mundial a ver si lle apetece xogar ou non. De Hazard e Mariano, xa non esperamos nada.

Sinceramente deberíamos fichar unha peza para arriba, pero claro como o do sapoconcho saiu mal, e Jovic, Mariano e Hazard tamén pois non queren traer nada e fai boa falta. Como ben sabedes aquí confiamos en que a xente da fábrica coma  Arribas, Peter e incluso Álvaro ou Íker, para transición válennos pero Carlo non pensa o mesmo. E claro vai e hoxe dan o petardazo no Didí e xa teño ao do "viejazo" queimando ao pobre de Arribas. Se Zizou vío algo neles, algo terán.

Bueno a disfrutar do Mundial e do Lucho, voltamos co Madrid en xaneiro en principio e a ver se non cae tuister porque mataría o noso mítico RTuis.

Anteriormente:

Rtuis Vallekas.

A fábrica.

Palanquiñas de verao.

Rt Casemito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario