martes, 24 de marzo de 2020

Miña primeira vez.

Non é o que todos pensades, de feito estas verbas van sobre algo que vin en twitter e que me chamou a atención a primeira vez que visitaches o Bernabéu, en tempos difíciles que mellor que bos recordos. Pero o título vende e moito !

A pesares de ter visto ao Real Madrid e incluso ao Castilla en Santiago, incluso o Castilla chegou a xogar en Muxía en tempos post-Prestige nunca tivera a oportunidade de ir ao Bernabéu.

Un amigo foi o da idea e o da xestión loxística, pillou catro entradas no cuarto anfiteatro fondo norte, se non recordo mal a 25 euros cada unha. A emoción viviu en min toda a semana.

O partido elexido fora un Real Madrid vs Espanyol en maio de 2007 en plena remontada da liga de Capello.

O viaxe comezaba na maña de aquel sábado en Vimianzo, moitas horiñas de coche por diante, ao final eramos tres tivéramos unha baixa de última hora, co cal decidíramos invitar ao meu curmán que vivía pola capital.

Unha vez chegados a Madrid do tirón case sen parar decidimos ir ao Tour do Bernabéu, ao ser día de partido non podes baixar ao céspede nin ir aos vestiarios pero merecía a pena. Momento histórico para un servidor.

Contemplar todo o estadio, os trofeos, vivir aquela experiencia, o viaxe xa merecera a pena. Despois da visita tocou comer algo, foran uns bocatas alí preto do estadio para logo voltar a entrar para ver o partido. Esperar a chegada do meu curmán no punto conveñido e para dentro con aquel xentío.

Fomos dos primeiros en entrar, ao ser a primeira vez para un servidor pois había que aproveitar todo o posible o viaxe.

E chegou o momento , a pelota comezou a rodar. O Espanyol se non recordo mal tiña a final da Uefa o mércores fronte ao Sevilla polo que puxera unha alineación mix titulares e suplentes.

A cousa non podía comezar peor , dous goles de Pandiani poñían o tema costa arriba o col respostou Van Gol, pero antes do tempo de lecer de novo Pandiani marcaba o tres a un. Un servidor pensando vai ser un ex deportivista o que me amargue a primeira visita ao Bernabéu, manda truco.

Na segunda metade tocou apelar a épica, primeiro Raúl e despois Reyes igualaban o partido con máis de media hora por diante. Parecía moi factible a remontada entón. Pero pasaban o minutos e o ansiado gol non chegaba.

Pero chegou o último minuto e o mítico gol de Higuaín, o Bernabéu estoupaba e nos con el. Primeira visita ao templo e tocounos vivir unha tarde-noite máxica para recordar. Aquel gol foi chave para aquela liga. Ao día seguinte o Barça pinchaba na casa fronte ao Betis e o Madrid colocábase líder.

Aínda que quedaban unhas cantas xornadas e remontadas , nos quedamos con aquela no recordo. Hai moitos videos nas redes daquela noite, un servidor tenas na memoria , seguro que non as plasmei como debía pero a intención é que vos saquedes os vosos recordos a relucir.

Despois houbo unha serie de novas visitas ao Bernabéu, en Liga, Champions ou Supercopa, Ajax, Barça ou incluso fronte ao Depor o día do debut de Cristiano pero ningunha volverá a ser tan especial coma a primeira visita ao Bernabéu.


Agora tócavos a vos pensar na vosa primeira vez ao Bernabéu, Riazor, Nou Camp ou Arliña.

Cada un é cada un e ten as súas cadaunadas. Cada un cas súas tolemías.

Sigamos loitando na casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario