sábado, 2 de julio de 2022

Sementar.

 Finalmente puidemos estar o domingo na semifinal de Copa da Costa entre o Muxía e o Fisterra, e cunha semana de marxe e dende outra perspectiva vamos a deixar unhas palabras.



Quizais o máis fácil sería chamarlle ao artigo Fin do Camiño e quedarnos tan anchos, pero o domingo quedamos ca sensación que puido ser unha tarde de semente de sentimento cara o club.

Sinceramente nunca tanta xente vin na Arliña, nin naquel mítico Compos vs Castela do Manolo Martín. Uns medios dín que había 700 persoas e outros din que había 2000. Aquí dicimos sobre 1300 basándonos no que vimos, nas imaxes de Piratas de Muxía e na foto de Parri do equipo na que contamos a 106 persoas, pero claro nunca saberemos quen ten razón.

O que si sabemos é que tanto siareiros como xogadores se comportaron de maneira xenial. Os xogadores deixando ata a última gota de sudor no campo e os siareiros sen deixar de animar. Pero o que máis nos gustou foi como uns e outros xestionaron a derrota. Nin expulsións, nin cousas raras por parte dos xogadores e un público que non deixou o campo ata o final para aplaudilos por tan boa tempada sen premio material pero si pensamos no emocional e sentimental.



Agora toca saber colleitar o sementado na vindeira tempada, sabendo quenes somos e onde estamos, sin tolear nin uns nin outros, ca nosa xente e cos que queiran arrimarse. Voltan a Costa, Volantes, Corme e Ponteceso, non podemos esquencelo.

Do partido pouco vamos falar  pois notouse en cada balón que as categorías están para algo e dúas son moito conto. Aínda así rendimos como todos a un gran nivel, debemos marcar iso no positivo  incluso nos puxemos por diante e estivemos a cinco minutos de que entrasen en crise, se non o fixeron cando tiraron do central dianteiro mítico. O físico foi chave e o Fisterra está un punto por enriba do Muxía o que provocou que chegáramos ao final asfixiados e ademais do físico está a calidade e veteranía, non nos enfrentamos precisamente a uns chaiñas.

Podíamos entrar en polémica e dicir si houbo outro penalti ou si o segundo gol do Fisterra foi en fora de xogo como din moitos "neutrais" pero a realidade é que gañou quen o mereceu sobre o campo.

Tócanos aprender, recordar e tentar estar noutra destas.

Por certo onte enterámonos que de ter chegado a final coincidiría con que un dos buques insignia do club casa hoxe, ia ser curioso o partido de mañán si, así disfrutan sen impedimentos do casamento. Xa non aburrimos máis con letras pero recomendamos ler os outros artigos deste ano sobre o Muxía que deixamos a continuación.



Por favor non desperdiciemos esta boa semente e non perdamos pezas no camiño, todos temos que poñer da nosa parte e coidar do noso. Hai que crear algo importante e cos pes na terra que perdure no tempo, sexa na categoría que sexa pero que nos permita ter un sentimento arraigado co club, pero cada un coma sempre sacaría as súas conclusións do partido e da tempada, sería bonito ter un lugar onde compartilas.

Por certo neste mundo de teléfonos e cámaras a ninguén se lle dou por ter imaxes do gol e da celebración do penalti de Fran Moreira, o noso momento do partido.


Anteriormente:

Vivir o momento.

Tarde de Arliña.

Marea safada.

Bonus. Novo Arliña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario