martes, 1 de diciembre de 2020

Que me pasa doutor.

 O Real Madrid ten hoxe outro partido chave e aquí estamos todos pensando, si hai que botar a Zizou, si Hazard é o novo Kaká a min o de Bale non me vale xa que o galés marcou goles decisivos e máis de un.



O Real Madrid leva xogando mal fai tempo non ven de agora, xa antes de Zizou, pero o máis preocupante leva todo ese tempo desenganchando a siarieros dos de toda a vida, pasalle a un servidor e pasalle a moitos que coñezo e iso si que é preocupante.

Vou poñer o que din tres siareiros de tuister:

@Mourningthebest :

" O Real Madrid leva xogando moito tempo francamente mal a esto do fútbol. Todo o demais ( arbitraxes, lesións, mala sorte) son aderezos. Para min ZZ é un adestrador con coñecementos dos aqueles do fútbol coma ningún ( vestario, xestión de egos, confianza) coma poucos. É un magnífico adestrador para planteis de estrelas cuxo ego hai que xestionar. Por ese motivo a primeira época foi tan exitosa. Nun club coma o Madrid non valen os estudiosos que non saben lidiar co outro fútbol. O problema é que ese plantel de estrelas da primeira época non existe na segunda. A este Madrid virialle de cine agora un adestrador con outras virtudes, porque agora non hai estrelas que entender, mesurar ou xestionar. Por iso creo que Zizou é un adestrador ideal nun contexto concreto pero ise non é o contexto actual. "

Parece razoable pero as épocas dos estudiosos foronnos incluso pero, Lope por exemplo. Que morreu o día que trocou a Marcelo, el cabreouse e comeulle as papas.

@ferpulpillo:

" A travesía do Real Madrid polo deserto ata atopar a seguinte xeración ganadora vai a ser dura. É normal. O que non é normal é que durante esa travesía, que dura xa 2-3 anos , dea a sensación de qeu non se está construindo nada. Que non digo que non se estea construindo algo ( quero crer que si) , senón que non o parece. E xa non entro a falar de fichaxes, nin de adestrador, nin de forma de xogo , nin de nada. Creo que é algo xeralizado que ten o Real Madrid anclado aos pes. Esa pedra pesa. Aquí o tema mental creo que é o máis importante. Quizais fai falla un reset total. Sempre crín nos proxectos a medio prazo e istes 2-3 anos eran ideais para chegar agora ao punto de subida. Pero non, parece que aínda estamos na caída. Tempo desperdiciado.

A sensación dos siareiros é fea e de desapego por primeira vez en moito tempo. A chave é que non se vislumbra un plan sólido xeral. Se ti perdes, pero ves que estás construindo algo potente, o equipo engancha. Pero o que estamos vendo é a antitese deso. Sentas frente a tele porque é teu Real Madrid, porque o levas facendo dende que tes uso de razón e non concibes o contrario. Pero , verdadeiramente, raro é o siareiro que dende setembro de 2018 disfrute o día a día de este equipo. É unha pena, o Real Madrid non é iso. Un día partidazo en San Siro e ao seguinte ridículo fronte ao Alavés. E así, saltando do sobresaínte ao suspenso, levamos un tempo. Xogamos a ruleta rusa. A ver que Madrid vemos hoxe. O das 4 de 5 Champions ou o das 3 de 12 Ligas. Pereza. Xa doe casi."


Bueno e nesas estamos ca eterna sensación de que Zizou e os xogadores solo preparan e se motivan ante os grandes partidos, os "normais" deixanos para a calidade individual e isa xa non é a que era. Non é o mesmo ter a Pepe, Kovacic, Contreao, Morata e un gran Isco para rotar que ter a moitos deses en horas baixas. Estamos igual ca cando o deixamos en marzo, gañamos ao Barça pero caeramos co Levante e Betis , empatando co Celta. Salvounos o Covid e a motivación de gañar aquela liga en tan pouco tempo.

Querendo recuperar a xogadores que parecen irrecuperables, e sen darlle dous partidos seguidos a outros que quentan banco ou andan polo mundo.

De arbitraxes que trocaron dende o Clásico e a visita a un árbitro pero se eles non queren dende dentro entrar, non vamos a ser nos os que o fagamos. E claro o noso nivel é o de que calquer cousiña mandanos a lona.

E todo isto nun contexto Covid no que ir pagando e sen endeudarse parece un éxito, cuestión de valores, a outros válelles tirar para diante e que todos paguemos os Ertes, van a polo segundo.

Mañan igual toca un cabreo superior. Partido chave en Champions hoxe, Sevilla, Champions, Atleti ...., a ver si se motivan os rapaces esta semana.

Anteriormente :

Rt Adeus en Novembro.

O clásico estado de alarma.

Estado de calamidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario