martes, 11 de agosto de 2020

A tempada do Covid.

 O Real Madrid rematou a tempada e xa debe pensar na seguinte que vai estar marcada e moito polo Covid, sinceramente neste blog non somos moi optimistas co tema polo tanto entendemos i entenderíamos unha política de contención no tema dos fichaxes polo club, tirar de repescar cedidos e para diante.


De forma máis ou menos incrible gañamos a Liga e a Supercopa, cun equipo que necesita un cambio pero o Zizou máis italiano  sacoulle unha gotiña máis a esta xeración histórica pero que xa dixo todo, na miña sinceira opinión.

Si por culpa do coronavirus se paraliza a renovación do plantel como todo parece indicar temos que asumilo e listo, senón vaisenos facer moi longa a tempada si se leva a cabo, toca esperar niso estamos de acordo a cuestión vai ser o como. Tamén debemos vender todo o posible sobre todo a James e Bale. Tamén tocará vender todo o cedido posible e gardar opcións sobre esa xente.

Necesitamos imperiosamente medios e gol, o segundo é imposible e teremos que tirar do que hai pero medios cedidos de calidade témolos outra cousa é si a Zizou lle valen. Como di Ali : " Sen fichaxes e cunha pretempada peculiar hai que tomarse a vida con calma. O que veremos será unha continuación desto. A competir os títulos nacionais e a rezar por cruces favorables en Europa. Ilusionarse cos chavales e seguir despedindose dos veteranos."

Pero sen esquencer que tan raro é gañar catro de cinco coma caer dúas veces seguidas en octavos e sen competir. Unha cousa non debe xustificar a outra, rebelarse na derrota e a veces na vitoria e o que leva grabado no escudo o Real Madrid o problema é que quizais este non é o ano para romper con todo.

Pero o que iamos, pois para a portería hai que tirar con Tibú e repescar a Lunin, unha pena para o chaval que deixe de xogar pero se non queremos gastar non queda outra.

Na defensa pois vendemos a Hakimi, unha pena porque nos cubría dous laterais pero supoño que facía falta cash polo coronavirus e igual nun sistema de catro defensas non funciona tan ben pero era futuro e cupo. Temos a Regui e Odri polo mundo, e na dereita temos serios problemas pero parece que ningún lle gusta a Zizou, algo hai que repescar dos dous, supoño que Odri. Os centrais teremos que seguir cos que temos e vender a Vallejo.

O gran problema é o centro do campo, aquí apostábamos por Ode e Ceballos de volta e gasto 0, Zizou non parece estar de acordo, para ano de transición e con cinco trocos pois valennos. Non podemos tirar con catro coma este ano e con Casemiro xogando máis de 4000 minutos é de tolos. Temos a opción low cost que é subir a Fidalgo, pero non a vexo.

Arriba pasa o mesmo pero con menos opcións hai que tirar co que hai pero Karim tamén se foi aos 4000 minutos de tolos. Jovic xogou este ano 42 minutos máis ca Areola creo recordar e con Mariano non podemos contar, gústame pero está sempre lesionado, de terceiro dianteiro repescaba a Mayoral sinceiramente supoño que cobra moito menos, a non ser que o vendamos ben vaia.

No basket vai pasar igual, vamos quedar sen Facu e foisenos o fichaxe de Zizic, toca capear o temporal e a ver como se desenrola a pandemia.

Hai que ter ollo que o non ser forte en Europa é un problema deportivo e despois tamén económico, aínda que parece que nos despachos pensan que este ano non se vai xogar moito, polo tanto tiramos co que temos cedido e listo, ser coherente e dar oportunidades aos chavales. Ajax e City marcan o que somos, a Liga e Supercopa tamén no razocinio está a realidade.

Economía de guerra, desfacerse da masa salarial de Bale, James e Mariano é chave, aquí prescendiamos de Isco tamén para traer a Ody e Ceballos. Movementos difíciles todos a ver que sae. Igual mañán xa trocou todo. De Kubo non falo porque supoño que temos problemas de pasaportes e cupos pero é outro tío que traía cos ollos pechados. Por favor Zizou confía na chavalería que ti tes bo ollo.

Debemos xogar cas limitacións de fichas, de oferta e demanda polos nosos xogadores e a máis importante a do coronavirus e a economía.


Anteriormente:

A liga do Covid.

O relato.

Regreso ao pasado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario