jueves, 7 de noviembre de 2013

Previa do finde de San Martiño !

Antes de arrancar ca previa felicitar as xogadoras do Fisober ; Eva Lema e Inés Suárez que voltan a ir convocadas para un adestramento das seleccións galegas, a sub 21 e a sub 17 respectivamente como xa o fixeron semanas atrás, será o vindeiro martes. Podes ver aquí o resto das listas. Así quedaron os grupos de clasificación  sub 21.



No que a previa se refire os equipos do Fisober xogan como locais este fin de semana. Pero farano no remozado Pavillón de Dumbría debido a que no de  Vimianzo se celebra a  xuntanza anual  de palilleiras.

O primeiro equipo xoga as 19 horas do sábado 9 de Novembro o seu partido correspondente a Segunda División Nacional  fronte o Flavióbriga de Castro Urdiales. O Flavióbriga actualmente  é oitavo na clasificación con tres puntos. Hai que ver como os equipos chegan despois  do parón do fin de semana de Santos.

A tempada pasada os dous equipos se levaron unha vitoria e curiosamente a domicilio. En Castro Urdiales o Fisober gañara 4 a 7 o que resultara ser a primeira vitoria da historia das da Costa en Segunda División. Pero na volta en Vimianzo as cántabras devolveranlle a pelota e gañaran por 0 a 2. Polo tanto prevese un partido igualado.

Pola súa banda o equipo filial do Fisober tamén xoga o seu partido da Liga Provincial, será o  sábado día 9 de Novembro as 17 horas tamén en Dumbría  como apertivo do partido do primeiro equipo. Faio fronte o Grupo Work, un equipo de recente creación e moi similar o filial do Fisober, cheo de xóvenes xogadoras na súa maioría procedentes das categorías inferiores do Viaxes Amarelle.

Os dous equipos están igualados a puntos na clasificación e cuns números moi similares, co cal o partido debería ser igualado e vai ser unha boa pedra de toque para ambos equipos. O Grupo Work non tivo parón o anterior fin de semana xa que disputou un partido que tiña aprazado fronte o Troula en Betanzos o cal gañou por 2 a 3.

Previa de Segunda División.

Previa de Primeira División.

No hay comentarios:

Publicar un comentario