viernes, 29 de noviembre de 2013

Previa de San Andrés.

Este fin de semana o Fisober poñe en xogo a tres equipos xa que da comezo a competición na Liga Galega Infantil, o B e o infantil desprázanse lonxe de Vimianzo namentres o primeiro equipo o fará como local.



O primeiro equipo enfróntase o Calceatense rioxano na tarde do sábado día 30 as 18 horas no Pavillón Municipal de Vimianzo. As rioxanas son actualmente as cuartas clasificadas e veñen de caer ante o líder Bilbo na anterior xornada. Precisamente o Bilbo foi o último rival do Fisober xa que a xornada pasada tocoulle descansar as da Costa.

As locais tentarán voltar amosar a boa imaxe que deixaron en Bilbao no seu último partido. Nos enfrontamentos da tempada pasada  cada equipo se levou a vitoria a domicilio. En Vimianzo foi para as rioxanas por 2 a 6 , mentras que en Santo Domingo foi para as da Costa por 3 a 5. Prevese un partido igualado , pero cas dúbidas de como lle sentou o parón o Fisober e que imaxe lle toca ensinar.

Previa do Bilbo - Txantrea.

Outra previa do Fisober - Calceatense.

Previa do 4 Arcos - Fervenza.

Previa de Segunda División.

Previa de Primeira División.

Convocatorias da galega sub 17 e sub 21 onde desta vez non aparecen xogadoras do Fisober.

Pola súa banda o Fisober B desprázase a Narón para enfrontarse o A Fervenza B nun duelo de filiales. O partido disputarase o sábado día 30 as 17:30 horas no Pavillón de As Lagoas. Os dous equipos veñen con liñas diferentes, o filial do Fisober  está na parte media da táboa, despois de tres derrotas consecutivas,  mentrás que o filial de A Fervenza atópase na parte alta con solo unha derrota a que sufriu ante o Grupo Work.

Na última xornada o filial do Fisober  a pesares de perder deixou unha boa imaxe no seu enfrontamento fronte o Portosín e A Fervenza B gañou con solvencia o Troula. En definitiva difícil partido para o filial do Fisober pero na pretempada derán a sorpresa e gañaran por 3 a 4 no Torneo de San Sadurniño, o sábado tentarán voltar a dar a sorpresa.

Así ven o seu fin de semana dende A Fervenza.

E para rematar este fin de semana comeza a competición infantil, o Fisober presenta equipo na Liga Galega Infantil e o seu debut será  o domingo día 1 de Decembro as 12 horas no Pavillón Municipal de Ribadeo fronte o equipo local e actual campión.

Unha experiencia nova para as máis xóvenes do Fisober, nunha tempada no que lles tocará aprender a competir e será contra as mellores de Galicia, xa que nunca o fixeron nunha competicón oficial deste estilo. Cun equipo moi noviño  que está composto por xogadoras infantiles de primeiro ano, alevíns e incluso se fai falla benxamíns saben da dificultade da tarefa pero ilusión non lles falta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario