lunes, 25 de noviembre de 2013

Fisober B - Portosín. 2-4.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” – PORTOSÍN. 2-4.

FISOBER B : Martina, Paula Fandiño, Andrea, Alejandra e Laura ; tamén xogaron : Noelia e Anabel.


PORTOSÍN : Noelia, Nancy , Judit, Xulia e Sara ; tamén xogaron : Rebeca, Julia, Lorena, Virginia e Diana.

ÁRBITRO : Rubén García ; CRONO : Alejandro López.

GOLES : 0-1 Virginia , 1-1 Anabel ; ( descanso ) , 1-2 Rebeca, 1-3 Virginia, 2-3 Noelia, 2-4 Lorena.

Recibía o sábado en Vimianzo o  Fisober B  o líder Portosín  e a pesares da derrota as rapazas do filial melloraron a imaxe dos últimos encontros e incluso tiveron opcións de puntuar.

As baixas no equipo de Jemisa e Mauro obrigaron a que unha das porteiras Anabel  tivera que vestirse  como xogadora de campo e incluso chegou a marcar o primeiro gol do filial.

O partido foi igualado e as visitantes non se adiantaron no marcador ata ben entrada a primeira metade.

A resposta foi cun balón o pau da local Andrea e o posterior gol da citada  Anabel cando xa se chegaba o tempo de lecer.

Nos últimos segundos desta primeira metade Alejandra se atopou tamén co pau no que podía ser o dous a un para as locais e chegar por diante no electrónico o tempo de lecer.

A volta dos vestiarios o Portosín tomou vantaxe de dous goles e puxo o un a tres a súa prol. Noelia reduciu vantaxe para as locais  e tamén gozou dun lanzamento o pau.

As locais achucharon e tiveron opcións para a igualada pero un gol visitante a pouco máis de tres minutos para o fin acabou cas esperanzas locais e co partido.







Fotografías familia Fandiño Trillo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario