lunes, 11 de noviembre de 2013

Fisober B - Grupo Work. 3-5.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – GRUPO WORK . 3-5.

FISOBER B : Martina, Noelia, Paula Fandiño, Andrea e Laura ; tamén xogaron : Inés, Alejandra, Natalia, María Lijó e Anabel.


GRUPO WORK :Cris, Carmen, Sara, Patri e Sandrita ; tamén xogaron : Ainhoa, Lara, Nuria, Rosalía e Alba.

ÁRBITRO : Jorge Fernández ,  CRONO: Mary Luz Mendoza.

GOLES : 0-1 Sandrita, 0-2 Patri, 0-3 Laura, 1-3 María Lijó, ( descanso ) , 1-4 Carmen, 1-5 Carmen, 2-5 Andrea, 3-5 Paula Fandiño.

O filial do Fisober xogaba en Dumbría , debido a concentración de palilleiras que se celebraba en Vimianzo, e caeu ante un Grupo Work que dominou o partido e gañou con todo merecemento.

Xa dende os primeiros minutos se veu que o Grupo Work ia levar o peso do partido e así foi. A pesares do dominio o principio non creaban demasiadas ocasións, había un certo temor entre os contendentes.

Ata que os sete minutos un lanzamento de Sandrita supuxo o primeiro gol para as visitantes.

As locais non se sentían cómodas no partido e non eran capaces de sacarse de encima o dominio dun equipo visitante que combinaba ben.

Así os dezasete minutos era a visitante Patri a que facía o segundo gol para o Grupo Work e compricaba moito o partido as locais. Unhas locais que peor quedaron cando solo un minuto despois Laura aproveitaba unha contra para facer o cero a tres.

O filial do Fisober estaba moi lonxe do seu mellor nivel, desconectado polo gran xogo do Grupo Work e tamén polos seus propios erros.

Aínda así a catorce segundos  para chegar o tempo de lecer a infantil María Lijó adiantábase a porteira visitante e facía o primeiro gol para o seu equipo, dando unha esperanza para as locais de cara a segunda metade.

Pouco lle durou a esperanza , xa a volta de vestiarios no primeiro minuto Carmen  facía o cuarto gol visitante.

As visitantes seguían co dominio e as ocasións  ante unhas locais desconcertadas. Máis aínda cando un erro de concentración  local era de novo aproveitado por  Carmen  para facer o quinto.

Os adestradores locais Jemisa e Mauro , decidiron  darlle un toque de atención as súas xogadoras , fóronse  as catro que estaban no campo e entraron as catro do banco.

E parece que funcionou, mellorou a intensidade defensiva do equipo que pareceu que por fin se enchufaba de novo  o partido. Co paso dos minutos as locais aumentaban o ritmo e as visitantes fórono baixando.

Así a cinco para o fin unha combinación en ataque local acababa co gol de Andrea. E cando se entraba nos tres últimos minutos foi Paula Fandiño a que fixo o terceiro.

Pero xa era demasiado tarde e a vitoria foise de forma merecida para o Grupo Work que realizou un gran partido. Das derrotas tamén se aprende e iso é o que debe facer as xogadoras do  filial do Fisober.
María Lijó durante o quencemento.

A nota máis positiva do partido para o filial do Fisober  foi o primeiro gol na Liga Provincial da infantil  María Lijó. Ademais do gran ambiente entre os dous equipos cheos de xuventude.

 
Os equipos unha vez finaliza


Versión Grupo Work.

No hay comentarios:

Publicar un comentario