lunes, 18 de noviembre de 2013

Ponteceso- Fisober B. 8-1.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : CONCELLO DE PONTECESO – FISOBER “B” F.S.F. : 8-1.

PONTECESO: Salomé, Martina, Carla, Carmen e Sandra ; tamén xogaron : Alba Reyes, Ana, Laura, Zeltia e Bea.

FISOBER B : Martina, Paula, Andrea, Tamara e Laura ; tamén xogaron : Alejandra, Natalia, María Lijó e Anabel.


ÁRBITRO : Borja Moreira ,  CRONO: Jose A. Lamos.

GOLES: Polo Ponteceso : 3 Carmen, 2 Martina, 1 Bea, 1 Laura e 1 Tamara en p.p. ; polo Fisober B marcou Paula Fandiño.

Se o primeiro equipo facía en Bilbao o mellor partido da tempada , pola súa banda o filial facía en Ponteceso o peor partido do curso e caía con rotundidade no derbi.

Na primeira metade o Ponteceso, que dominou completamente o partido,  pasou por encima o filial do Fisober e xa vencía por 6 a 0.

Na segunda as locais afroxaron un pouco pero aínda así seguían dominando o partido e incluso erraron un penalti. A infantil Paula Fandiño facía o gol da honra do filial do Fisober, o seu sexto esta tempada e o 18º do equipo co que como mal menor superan o número de goles da tempada pasada.

Unha Paula Fandiño que xunto con Martina tiveron que deixar o partido con sendos golpes.


A vindeira semana o Fisober B recibe o líder Portosín en Vimianzo.

Fotografías Familia Fandiño Trillo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario