lunes, 29 de abril de 2013

Ordizia - Fisober . 6-3.


SEGUNDA DIVISIÓN

RESULTADO: ESTANDA ORDIZIA – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”. 6-3.

ORDIZIA : Itziar, Ana, Olatz, Ane e Amaya ; tamén xogaron : Maite, Itsaso, Ainara, Tania e Naiara.

FISOBER : Eva, Elsa, Ana, Olalla e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Myrella e Inés.


Árbitros : Eduardo Justel e Guillermo González. Crono : Daniel dos Anjos.

GOLES : 0-1 Barca, 1-1 Itsaso, 2-1 Ane ( descanso ) 3-1 Itsaso , 4-1 Naiara, 5-1 Naiara, 5-2 Ana, 5-3 Ana, 6-3 Olatz.

O Fisober de novo fixo un  bo partido pero non puido sacar nada de proveito da súa visita a terras vascas. Nun apaixonante  enfrontamento entre un Ordizia que ten aínda algunha opción de título pero sobre todo de promoción de ascenso e un Fisober que busca a permanencia. Chégase as últimas dúas xornadas de Liga con todo por decidir por arriba e por abaixo.

As da Costa saíron moi concentradas e metidas no partido. Os tres minutos aproveitaron unha contra levada por Ana e Barca para que esta última puxera en vantaxe o Fisober.

Esta circunstancia deulle un plus de tranquilidade as visitantes e case un minuto despois de novo unha contra poñía a Barca diante da porteira pero desta vez non foi quen de materializar o gol.

Todas as integrantes do Fisober estaban a realizar un enorme e serio  traballo defensivo para evitar que o conxunto vasco igualara.

As locais necesitaban a vitoria, empuxaban e empuxaban na busca do gol, pero o traballo en  defensa ou Eva evitábano, e cando non era o pau como no minuto oito.

Pasaban os minutos ata que os dez minutos desta primeira metade as locais atoparon o furado  para que Itsaso igualara o electrónico.

As da Costa seguiron igual de concentradas con defensa a media pista e con perigosas contras. E nunha desas primeiro Olalla e despois Barca tiveron o segundo gol visitante nas súas botas.

Locais e visitantes loitaban cada balón, o cal provocou que as de Ordizia fixeran a tres minutos do fin a súa quinta falta, aínda que a sexta non chegou a ser sinalada.

Cando parecía que se ía chegar con igualada o descanso, Ane conseguía o segundo gol local cando restaban dous minutos para chegar o tempo de lecer.

A saída de vestiarios o panorama non trocou moito do da primeira metade, dominio local e contras visitantes, pero as ocasión xa non eran tan claras en ningunha das dúas porterías.

Os dous conxuntos traballaban a reo por trocar o marcador, pero todo seguía igual e os minutos pasaban.
E foron pasando ata que a once para o fin de novo Itsaso facía o terceiro gol local. Este gol fixo moito dano as da Costa, foi difícil de dixerir para o Fisober. Pasaron os seus peores minutos sobre a pista e as locais, tentaban aproveitar a situación para asegurar a vitoria.

As visitantes debían  arriscar cada vez maís se querían sacar algo de proveito  e as locais creaban moito perigo  a contra.

Entrouse así nuns  últimos cinco minutos que foron de tolos. A cinco para o fin Naiara aproveitaba un libre indirecto para poñer o cuarto gol local. E un minuto despois a mesma Naiara marcaba un novo gol que parecía definitivo.

Pero as visitantes non se rendían e cada vez tomaban máis riscos. A tres para o fin Ana materializaba con suspense o segundo gol visitante e a dous para o fin de novo era Ana a que transformaba un penalti para facer o terceiro do Fisober.


Agora as que máis empuxaban e tomaban riscos eran as visitantes pero unha contra materializada por Olatz case entrando no último minuto poñía fin a este interesante e vibrante partido.

Video resumen do partido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario