Si a semana
pasada era “Mourinhistas” vs “Delbosquistas” a esta parece que lle
toca “Mourinhistas” vs “Casillistas” , é esta
a realidade, é o que a prensa nos quere
facer ver ou busca a prensa calquera escusa para baterlle a Mou.
Na miña cabeza
non cabe que unha persoa que se sinta madridista
queira que gañe ou perda o Real Madrid
según quen xogue, hainos ? pareceríame incrible que madridistas desexaran
que perda o Madrid porque Mou e adestrador ou porque non xogue Iker.
Eu teño claro que
Mou e Iker non se levan ben, salta a vista. Teño claro tamén que Mou non é
madridista, el solo pensa nel mesmo, pero como quere gañar títulos polo seu ego vai tentar gañalos para o Real
Madrid, somos un medio para el e el para
nos.
Como tamén teño
claro que Mou non é tonto se non leva a
Casillas será porque non o ve mellor ca Diego López. Xa que logo Mou
tampouco se leva ben con Sergio Ramos
e está a xogar os partidos importantes. En cambio Pepe parece ser da súa garda pretoriana e quédase no banco, así que
certa teoría conspiratoria da prensa
afín a Iker caese.
Sinceramente
penso que cando deixou fora a Iker en Málaga foi un toque de atención por algo, ca Liga perdida buscaba que Iker se
puxera as pilas . Nos partidos chave de Copa co Valencia tirou de Iker, non puxo a Adán señores , de
feito lesionouse nun deses partidos. Teño moi claro que Iker xogaría os partidos
importantes de non terse lesionado a
pesares da mala relación con Mou, o portugués quere gañar por encima de todo e
de todos.
Mou non contou
nin conta a verdade da suplencia de Iker, pero cantas realidades se quedan dentro dos vestiarios, o que si penso é que utiliza o mellor once que a
súa cabeza cree independentemente de enemistades
e fobias. Podería levalo de
suplente, pois igual si , pero eu non sacaría a Diego López da portería a día
de hoxe. Igual mañá fai un cento de cantadas e co ventaxistas que somos
acordámonos de Iker, mal vamos. Sabedor das carencias de Diego no xogo aereo a pesares da altura e que gusta moito de quedar baixo paus, moi parecido a Iker por certo.
Mou é un personaxe, as súas roldas de prensa, as súas declaracións,
seus xestos….. todo ten unha razón , un porque, busca un obxectivo e ese obxectivo son os títulos para el , e a día de hoxe para ben ou para mal están ligados o Real Madrid, non nos
enganemos, esa é a realidade.
Casillas é
madridista, eso creo ou quero pensar aínda que a dúbida xa me corroe e corroe o
madridismo , impensable verdade . Yoda
dixit : "El miedo es el camino
hacia el Lado Oscuro. El miedo lleva a la ira, la ira lleva al odio, el odio
lleva al sufrimiento. Percibo mucho miedo en ti" .
Como é un deportista
de alto nivel e ten un ego enorme,
moito menor co de Mou pero teno. A min non me parece normal o video que colgou
no Face, ou a cariña que colgou onte , ou as declaracións da súa moza……… como
utiliza os seus amigos periodistas para ir a por Mou ou iso parece. Quere recuperar a titularidade de calquer
maneira ou quere o mellor para o equipo ? Xa non se lembra cando Hierro,
Raúl and company o quitou da titularidade e puxo a Cesar “o amigo dos galácticos” ou iso se dixo , non queira facer
igual. O tempo quita e da razóns.
Si hai espíritu de equipo prodúcense roces pero o
equipo mantense a flote. Primeiro
non podes defender unhas ideas e despois
facer o mesmo ou peor ca outros que
criticaches anteriormente, onde está a coherencia.
Isto é imputable a moitos famosos periolistos.
Periolistos que pediron que Florentino lle dera todo poder a un adestrador e agora critican que fixera iso con Mou. Que
non querían xogadores intocables e
agora si, coherencia. Si eres amigo
é difícil ser imparcial seino, pero un pouco de coherencia señores periodistas.
Ese ego individual é capaz de deixar tirado o
grupo, de desexarlle o peor solo porque deixaron de ser titulares, iso
realmente é querer a un equipo ? De pensar/buscar un transitorio éxito persoal en vez de apoiar
o equipo ? Algo que sucede moitas veces nos deportistas e espero sinceramente
que non sexa o caso de Iker como si o foi de moitos outros. Algo que tanto lle
criticamos a Cristiano. Algo que se lle achacou os últimos anos de Raúl.
Os problemas nunha familia resólvense dentro e non se vai contando fora, Mou e Iker
fixérono fora ou iso parece, tanto un coma o outro tirando pedriñas, por moi mal que esteas ca túa familia ante o
exterior deféndela a morte e dentro tentas aclarar as cousas e arranxalas, e un
vestiario é coma unha familia.
Hai dúas clases
de madridistas ? eu penso que non solo
hai un tipo de madridistas, os que
sentimos o clube, os que nos disgustamos e sufrimos nas malas e nos alegramos
nas boas, os que nunca nos rendimos, nin deixaremos de animar, os que sempre
damos a cara e non nos escondemos, así de claro o resto buscan o seu interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario