jueves, 4 de abril de 2013

Dúbidas razonables ?


Un servidor que anda o revés do mundo coma sempre, todo o persoal falando de fútbol e vou eu e tiro do basket, pero é o que hai. Levaba dende a desesperante eliminación a mans do Barça na Copa rumiando escribir algo. Non me daba decidido pero hoxe tocoulle.


Estaba esperando unha gran competición para saber como nos desenvolvíamos, máis ben para ver como se desenvolvían os pivots  fundamentalmente, algo tamén de Laso para que negalo que non me convenceu nunca a pesar do xogo que realizamos, iso vai no meu debe. A miña confianza en Messina era  outra e o resultado foi moito  peor, pero os equipos que manexaron e os que se enfrentaron dan para outro análise. 
A eterna pregunta como no outro gran deporte ,  o suposto xogar ben, os títulos, a prensa ……

Na Copa veuse claramente que os pivots do Real Madrid non dan. Slaugther pois era unha aposta barata pero para as grandes guerras non nos vai valer. Begic o mesmo problema de sempre moi floxo, ten calidade pero moi floxo físicamente e sen respeto arbitral pero é o mellor que temos que xa é dicir.

Finalmente Rafa o cal queríamos testar, pois non pasou o corte. O que escribe xa lle puxo a cruz, por dúas accións que quedaron marcadas na miña memoria. Todo o mundo o culpa do rebote que fixo que o Barça puidera entrar na segunda prórroga e ten culpa por non pechalo e evidente pero non el solo. Ademais se cho colle Tomic  é máis sangrante. Como se adapta un xogador os roles dentro do equipo, os minutos…….. Tomic na era Laso tamén sufriu ese problema lembremos.

Pero o que me cabreou foi que tivo a posibilidade emparexado con Tomic en vantaxe de atacalo para conseguir falta ou canasta dentro do último minuto e poñer o Madrid en vantaxe e deu un pase sen sentido que acabou en perda e puxo o partido costa arriba. Amosando que non é o pivot que buscábamos, fiasco .

Os últimos partidos están retratando a case todos, dende a dichosa Copa o problema de cabeza e confianza no grupo é evidente. A cabeciña é moi importante no deporte case tanto coma o físico. O rendemento de moitos na parte chave da tempada é preocupante, as dúbidas chegaron e neste clube fan moito dano. O Barça todo o contrario leva subido na nube dende a Copa despois do penoso arranque de tempada.

Pero eu sempre acabo poñéndolle a culpa o mesmo factor o Real Madrid non sabe xogar en estático, o seu xogo basease en correr e tirar triples e o baloncesto é moito máis ca iso. O basket é unha mistura de xogo interior e exterior, co xogo exterior que ten o Madrid ter máis xogadas para os pivots ou dende o poste  para poder abrir o xogo sería chave, fanse un par de xogadas o principio e xa rematou todo, despois solo se o sistema pasa por alí.

A pregunta é , non se xoga máis para os pivots porque Laso non confía neles ou porque a Laso non lle gusta, a min dame que é unha mistura de ambas cousas e neste punto atopamos o problema, hai que ter xogo de todo tipo señor Laso.

Co cal rematamos pensando en Ante Tomic que está a facer unha tempada incrible en Barcelona con grandes números, como os que xa fixo na Era Messina. A xente fala porque nos desfixemos del e a respota é clara nos sistemas de Laso era un xogador bastante residual e pagar 1,4 kilos o ano  por un xogador residual e sen sangue era insensato, na Final de Copa 2012 solo xogou 7 minutos ollo.

 Agora ben ,ter un xogador da súa calidade e co que nos podía desatascar como un residuo xa é problema do señor Laso,  e que se ande con ollo que este ano Florentino pediralle  resultados, o seu xogo bonito quédase en nada se non se gana Liga ou Euroliga, os títulos son os que contan no Real Madrid e pasase do branco o negro nun segundo. Messina arrancou con dez vitorias seguidas e rematou dimitindo.

Para rematar solo destacar a importancia que tiña Kyle Singler o ano pasado sobre todo en defensa aínda que fora moi criticado, era importantísimo nos cambios en defensa, e xunto co posto de cinco o gran problema do Real Madrid e os “Laso systems” claro,  esa é a miña opinión por suposto. Axudaba no rebote ofensivo era polivalente algo que non se lle recoñeceu moito.

Chegou o momento de ver si realmente merececen vestir esa camiseta ou son o enésimo proxecto erroneo, as dúbidas chegaron e do branco pasouse o negro así é o deporte e así somos os siareiros de tan pouca memoria.


No hay comentarios:

Publicar un comentario