lunes, 15 de abril de 2013

Copa Provincial. Manureva - Fisober B. 7-0.


COPA PROVINCIAL

RESULTADO : MANUREVA – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO”. 7-0.

MANUREVA : Melania, Olalla, Cris, Alba e Cintia ; tamén xogaron : Noa, Musta e Patricia.

FISOBER B : Martina, Iria, Noe, María e Inés ; tamén xogaron : Natalia, Paula, María Maroñas e Mónica.


Árbitro e Crono : Borja Moreira e Sergio Piñeiro.

GOLES : 1-0 Olalla, 2-0 Noa, 3-0 Alba, 4-0 Musta ( descanso ) 5-0 Musta, 6-0 Cris, 7-0 Cintia.

Rematou a tempada para o filial do Fisober coa disputa do  partido de volta dos cuartos de final da Copa Provincial o pasado sábado en Arteixo.


A eliminatoria xa viña decidida co 0 a 8  na ida e o guión do partido foi case o mesmo que o da semana anterior, dominio do Manureva e o filial do Fisober repregado e tentando pescar algunha contra. A  iso temos que unirlle  a tarde de calor e humidade no Pazo dos Deportes de Arteixo o  sábado que fixo que o partido non tivera moito ritmo.

As locais conseguiron abrir o marcador os cinco minutos por mediación de Olalla. De novo sufrían un gol cedo as do Fisober B. Pero o igual que a semana anterior poideron aguantar con ese resultado unha boa chea de minutos.

Ata que a oito para o tempo de lecer foi Noa a que fixo o segundo para as locais. Pasou un mal momento o filial xa que a falta de cinco un lanzamento de Alba petou en varias xogadoras e acabouse colando e solo un minuto despois era Musta a que facía o catro a cero.

Un resultado co que se chegou o tempo de lecer.

O arranque da segunda metade non pudo ser peor xa que no primeiro minuto, novamente Musta facía o cinco a cero.

Aínda así o filial do equipo costeiro, sobrepúxose e nesta segunda metade conseguiu saír un pouco máis a contra que na primeira metade e tentar crear perigo sobre Melania.

A falta de once minutos para o fin Cris conseguía o sexto para as locais. E con oito minutos para o fin era Cintia a que facía o definitivo sete a cero.

Con este resultado chegouse o fin do partido e por conseguinte o fin da tempada para o Fisober B.

No hay comentarios:

Publicar un comentario