lunes, 8 de abril de 2013

Copa Provincial.Fisober B-Manureva.0-8.


COPA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – MANUREVA . 0-8.

FISOBER B : Martina, Paula, Tamara, Inés e Laura ; tamén xogaron : Noe, Iria, Natalia e María Maroñas.


MANUREVA : Melania, Tati, Musta, Noa e Alba ; tamén xogaron : Olalla, Cris e Cintia.

Árbitro e Crono : Esteban Otero e Alejandro López.

GOLES : 0-1 Tati ; 0-2 Olalla ( descanso ) 0-3 Cintia , 0-4 Musta, 0-5 Olalla, 0-6 Alba, 0-7 Alba, 0-8 Cris.

A ida de cuartos da Copa de Provincial traia a Vimianzo o campión invicto e intratable de Liga para enfrontarse o filial do Fisober, un rival cheo de xogadoras con experiencia en superior categoría.

O partido foi como se prevía dominio do Manureva e as locais a esforzarse en defensa e tentar aproveitar algunha contra.

Os tres minutos xa se adiantaron as visitantes cun gol por mediación de Tati. A pesar da mala nova o filial continuou co seu plan en defensa e con moito esforzo foron repelendo as chegadas das visitantes.

Así foron pasando os minutos ata que unha falta na frontal foi aproveitada por Olalla para facer o cero a dous no minuto quince.

Dende aquí ata o tempo de lecer mesmo guión, pero as locais conseguiron lograr que o electrónico non se movera, incluso na última xogada da primeira as cadetes , Inés e Laura tiveron a oportunidade máis clara  de reducir  distancias pero non foron quen de logralo.

Na segunda metade o arranque , trouxo dous goles visitantes case de saída, os tres minutos marcaba Cintia e os catro era Musta a que facía o cero a catro. Foi un pequeno golpe para as locais aínda que sabían a que tipo de partido se enfrontaban.

Despois deste mal arranque para o filial , de novo foron aguantando o empuxe visitante e tentando poñer en apuros a meta rival. Pero co paso dos minutos a xóvenes xogadoras locais notaron o esforzo do traballo realizado e o seu físico foi decrecendo.

Así nos últimos dez minutos, chegaron os mesmos goles que no resto do partido. A falta de dez marcaba Olalla novamente. Despois foi Alba a que marcaba por partida dobre e finalmente cando restaban catro minutos era Cris a que pechaba o marcador.

O próximo sábado tocaralles visitar Arteixo no partido de volta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario