SEGUNDA DIVISIÓN
RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – CALCEATENSE.
2-6.
FISOBER : Paula,
Elsa, Ana, Noelia e Barca ; tamén xogaron : Myrella, Ylenia, Olalla e Inés.
CALCEATENSE :
Alaine, Rocío, Carla, Tania e Verónica ; tamén xogaron : Nuria, María, Clio,
Tamara e Sara.
Árbitros : Fco
Javier Roldán e Carlos Martínez ; Crono : Emilio Losada.
GOLES : 0-1
Carla, 0-2 Nuria, 0-3 Clio, 0-4 Carla ( descanso ) 0-5 Tania, 1-5 Inés, 2-5 Barca, 2-6 Tamara.
Voltou a competir
o Fisober despois de un mes parado, parón da Liga máis xornada de descanso, e
voltaba con derrota, nun partido moi disputado, no que tivo as súas opcións, e
fixo mellor partido do que finalmente
reflexou o electrónico.
O partido
arrancou con case media hora de retraso despois de que o bus das visitantes
sufrira un pequeno golpe sen
consecuencias no último peaxe da autopista.
Os dous equipos
non puideron case facer quencemento e os primeiros minutos do partido foron de
tanteo.
Sen embargo os
tres minutos chegou a primeira clara
ocasión visitante. O encontro foi collendo ritmo co paso dos minutos e
converteuse nun ida e volta constante con ocasións en ambas porterías. Cun
Fisober moi intenso, dende a primeira ata a última xogadora pelexando cada
balón.
Pero no minuto
dez unha falta na frontal foi aproveitada por Carla para poñer o 0 a 1 no
tanteador. Foi un mal presaxio, as locais pasaron os seus peores minutos no
partido e pagárono.
Xa que no minuto
doce Nuria facía o cero a dous e nese mesmo minuto era Carla a que facía o cero
a tres. Moita costa que subir se querían puntuar as locais.
A pesar do duro
golpe non se viñeron abaixo as xogadoras do Fisober, arriscaron un pouquiño
máis e seguían a ter ocasións para voltar a entrar no partido pero o gol non
quería entrar.
Eses riscos que
tomaron e a intensidade provocou que
chegaran a quinta falta demasiado cedo e
tiveron o risco do dobre penalti para os últimos minutos.
Entrando no
último minuto unha falta na frontal provou o temido dobre penalti e novamente
Carla aproveitou a oportunidade para facer un duro e inxusto cero a catro co
que se chegou o tempo de lecer.
Cun resultado tan
desesperanzador as locais continuaron loitando. O igual que na primeira metade as
ocasións sucedíanse nas dúas porterías pero parecía que solo querían entrar
nunha, xa que minuto catro desta segunda metade Tania facía o quinto gol
visitante.
Nese mesmo minuto
era Inés a que facía o primeiro gol local, pero con moita incertidume xa que
parecía que non quería entrar.
O Fisober seguiu
chegando e chegando sobre a portería visitante. Foron sen dúbida os mellores
minutos locais, o Calceatense xa non se sentía tan cómodo pero aínda así avisaban con algunha contra.
Un novo gol non
chegou ata que Barca a oito para o fin facía dous a cinco. Abría unha luz para
o Fisober que seguía chegando pero sen
materializar e tivo opcións dun terceiro, pero as forzas xa escaseaban,
notábase as semanas sen competir e todo o esforzo realizado por todas as locais
sobre a pista.
As visitantes
respondían a cada ocasión local, cunha delas. E a ruleta rusa rematou cando
Tamara aproveitou a súa para facer o definitivo dous a seis, quizais unha diferenza demasiado abultada para o que se viu sobre o
rectángulo de xogo.
A próxima semana toca visita a difícil pista do Ordizia que se está a xogar o título de Liga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario