martes, 8 de enero de 2013

Patri xogará con Galicia o Campeonato de España.

A xogadora do Fisober , Patricia Romaní Vilela , "Patri" , foi finalmente convocada para o sector do Campeonato de España de seleccións Autonómicas Femeninas sub-23  que se disputa en Murcia dende o vindeiro venres e ata o domingo.
Imaxe do adestramento que compartiron ca selección Patri e Ana

Patri é xunto con Iria Vieiro Ferreiro do Valdetires Ferrol  son as únicas xogadoras de equipos de Segunda División que compoñen a convocatoria o que amosa a dificultade de entrar nunha lista de este tipo e máis se pertences a un equipo tan humilde como é o caso do Fisober F.S.F., con xogadoras internacionais absolutas con España como é o caso de Lidia Mesias a xogadora do Burela.

O resto da convocatoria son :

Do Cidade das Burgas : Ana López , Lucía Álvarez e Iria Saeta.
Do Ponte Ourense : Vanesa Sotelo, Ana Rivera e Jessica Dieguez.
Do Burela : Lidia Mesias e Lara Balseiro.
Do Amarelle : Lucía Gómez e Patricia Corral.

A lista confeccionada polo adestrador Manuel Castillo, que terá como axudante a Pilar Costa , partirá dende A Coruña en bus  o vindeiro xoves as 7 da maña e ten prevista a súa chegada a Murcia ese mismo día as 20:45 horas o Hotel Novotel onde terá a súa base a expedición.

Galicia debutará as 20 horas do venres fronte a Castilla - La Mancha no Pabellón Municipal José María Cagigal.

En caso de perder dito encontro o sábado as 18 horas xogarían fronte a Murcia. No caso de gañalo xogarían o domingo as 11:30 horas fronte a Murcia sempre no Pabellón José María Cagigal.

Empredendo o seu regreso a expedición o termino do partido que lles toque disputar.


Dende aquí queremos desexarlle toda a sorte do mundo a Patri nesta experiencia que a bo seguro non esquencerá.

Artículos relacionados :

Patri e Ana convocadas ca selección galega sub 23.


No hay comentarios:

Publicar un comentario