O Fisober xoga este sábado día 26 en Ferrol no Pavillón do Ensanche fronte A Fervenza nun derbi fronte o equipo que o sigue na clasificación.
Pola súa parte o filial xoga tamén o sábado 26 as 16 horas en Vimianzo como local fronte o Esteirana.
A previa en Segunda División.
A previa en Primeira División.
Así vio o Leis a súa primeira volta.
Previa do Tecuni.
Comunicado de A Fervenza despois da crónica de esta semana, un club exemplar en moitas cousas.
Comunicado de A Fervenza despois da crónica de esta semana, un club exemplar en moitas cousas.
Nos resultados do fin de semana pasado o Fisober igualaba fronte o Txantrea navarro, esta foi a crónica. E estes o resto de resultados en Segunda División. O filial caia fronte o colista en Carral, esta foi a crónica, e o resto de resultados en Provincial foron estes. Así resumiron a xornada noutra web.
Pola súa banda en Autonómica non había competición xa que se descansaba o rematar a primeira volta e como é costume gardouse a xornada por si se ten que repescar algún partido.
No outro grupo de galegos en Segunda División , O Poio gañaba a domicilio por 1-3 o C. Alcorcón B e póñese terceiro na clasificación a 2 puntos do líder. Pola súa parte o Leis gañaba por 5 a 2 o líder Leganés poñéndose quinto na clasificación a 5 puntos do líder.
Mentras en Primeira División, o Amarelle caia na casa por 1 a 3 fronte o Roldán murciano, O Ponte e o Orvina igualaban a 4 en Ourense, O Burgas perdía en Alicante por 4 a 3 e o Burela descansaba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario