SEGUNDA DIVISIÓN
RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”- TXANTREA . 3-3.
FISOBER : Eva, Patri,
Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Myrella, Noelia, Olalla, Inés e Laura.
TXANTREA : Ainara, Kris, Virginia, Diana e María ; tamén
xogaron : Ane, Amaia, Sandra, Nerea, Goizargi e Ibañez.
ÁRBITROS : Miguel A. Vidal e F. Javier Roldán . Crono :
Javier Sánchez.
GOLES : 1-0 Barca,
2-0 Barca, 3-0 Inés ( descanso ) 3-1 Amaia, 3-2 Diana, 3-3 en propia porta despois dunha
serie de rexeites.
Na volta a competición
despois do parón de Nadal o Fisober conseguiu o primeiro punto como local
en Segunda División, pero quedouse ca mel nos beizos de acadar algo máis xa que o tempo de lecer chegou cun tres a
cero o seu favor, nun disputado partido que poderíamos dicir que tivo un tempo
para cada equipo.
Arrancaron ben as
locais xa que os tres minutos os colexiados sinalaban un penalti da porteira
Ainara sobre Ana que se encargou de transformar Barca para poñer en vantaxe as
da Costa.
Algo que deu un
plus de tranquilidade as locais que deixaron un pouco o peso do partido as
navarras. Un papel no que se sentiron moi cómodas as xogadoras do Fisober.
A primeira
chegada certamente perigosa das visitantes foi os seis minutos cando Eva
detiña o lanzamento de Virginia. Con esa texitura foron transcorrendo os
minutos.
Os trece minutos
Patri sacouse unha xogada que rematou co seu lanzamento no pau da portería
visitante.
Pouco despois
chegou a mellor ocasión visitante. Foi por partida dobre primeiro de Amaia e despois de Kris que foron
repelidas por Eva.
Nos últimos
minutos o Fisober aproveitou un certo descontrol das navarras. A tres para o
fin os árbitros sinalaban un libre indirecto por unha cesión a porteira e as
locais moi atentas sacaron rápido e Barca facía o dous a cero.
E dentro da
tolemia , a debutante Inés aproveitaba un balón na frontal para desfacerse da
porteira e marcar o tres a cero co que se chegou o tempo de lecer.
O arranque da
segunda metade foi premonitorio , o tempraneiro e extrano gol de Amaia, foi
dentro do primeiro minuto, marcou que a tendencia no xogo e a sorte cambiaba de
lado.
E así foi as
navarras viñéronse arriba e foron máis agresivas e incisivas se cabe. No minuto
dous Amaia estivo a piques de marcar o seu segundo gol. A pesares do dominio
visitante as ocasións co paso dos minutos empezaron a decaer e o Fisober
empezaba a voltar a sentirse cómodo.
Ata que os oito minutos as locais se facían un lío na saída do balón e
os árbitros o igual que na primeira metade sinalaban un libre indirecto por
unha cesión a porteira, e desta vez eran as visitantes as que aproveitaban a
oportunidade para marcar o tres a dous por medio de Diana.
O guión do
partido cambiaba , pero pareceu que o Fisober se serenou algo co resultado máis
apretado. A nove para o fin unha xogada individual de Nuria remataba co
lanzamento desta lambendo o longueiro.
Os minutos
pasaban e parecía máis preto a primeira vitoria como locais na nova categoría
das da Costa. Pero o partido aínda tiña preparados moitos sobresaltos.
A tres para o fin
Sandra levábase un balón por potencia e
sen porteira aínda que un pouco escorada vía como o seu remate se
paseaba pola liña de gol. A resposta foi a cargo de Patri quen se atopaba co
pau despois dun lanzamento lonxano.
As visitantes
decidiron arriscar coa porteira xogadora e obtiveron premio deseguido , cando a
minuto e medio do fin unha xogada de balón parado facía unha carambola entre
pernas do Fisober , sería imposible dicir quen foi a autora en propia porta,
colándose amodiño na portería e cando Nuria chegou a salvala o balón xa
traspasara completamente a liña.
O último minuto
foi trepidante, parecía que a ningún lle valía o resultado, os riscos tomados
polas locais propiciaron unha recuperación
visitante cunha contra que foi freada
pola porteira local Eva ante a navarra
Kris.
Aínda lle quedaba
o epílogo o partido, cando a quince segundos para o fin Nuria vía o segundo
cartón amarelo co cal se quedaban cunha xogadora menos, o primeiro foi por non
levar as medias correctamente e o segundo por golpear forte un balón contra o
muro. E a pesares de estar en inferioridade eses últimos segundos unha contra prodixiosa de Patri que tivo que
ser enviada a saque de esquina in extremis pola porteira visitante no último
segundo , marcou o fin deste partido.
Destacar o debut
con gol da cadete Inés en Segunda División, como xa fixera a tempada pasada no seu debut en Autonómica fronte o Bembrive, no día que o Fisober acadou o seu
primeiro punto como local ante unha ateigada grada en Vimianzo.
A visión do Txantrea.
A visión do Txantrea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario