LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FAME NEGRA – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO”.
2-0.
FAME NEGRA: Alba, Olalla, María, Yessica e Diana ; tamén
xogaron : María Corrochano, Dessi e Lucía.
FISOBER B : Martina,
Paula, Laura, Inés e Natalia ; tamén xogaron : María, María Maroñas, Iria,
Tamara, Noe e Cris.
Árbitro e crono : Santiago Madroño e Jacobo Recouso.
GOLES : 1-0 Dessi, 2-0 Diana, os dous na segunda metade.
Volvía o filial a competición despois do parón de Nadal na mañá do domingo e non lle sentou
nada ben o madrugón, xa que fixo un mal partido na súa visita a Carral e voltou
a casa coa derrota no seu peto.
O arranque do
partido xa marcou como sería. As locais chegaron máis e con máis perigo ante un
moi impreciso filial. Nos primeiros minutos o Fame Negra tivo unha serie de
boas ocasións pero erraban no remate final ante a portería defendida por
Martina.
Os minutos foron
pasando e o filial comenzou a chegar algo a porta contraria por medio de María,
Inés ou Paula, pero tampouco creando excesivo perigo. Parecía que se igualaban
un pouco as ocasións.
A ocasión máis
clara para as locais foi un toque co calcaño que non foi gol por moi pouco.
Nos derradeiros
segundos da primeira metade unha contra
deixou sola a Inés ante a porteira local pero errou na definición .
O inicio da segunda metade deixou de novo unha clara
ocasión para as visitantes cando un roubo de Paula propiciou que esta encarara
a porteira pero de novo erraba na definición.
Aínda así a
tónica do partido non cambiou e as mellores ocasións eran para as locais, que
se sentían máis cómodas no mesmo.
E así foi ata que
unha perda propiciou unha contra na que Dessi a pracer poñía en vantaxe as
locais. Foi un duro golpe para as visitantes, que xogaron aínda máis nerviosas
e precipitadas incapaces de apenas combinar.
Os minutos ían pasando e as ocasións do filial chegaban con máis corazón que
cabeza.
O Fame Negra
tentaba aproveitar iso buscando unha contra que rematara definitivamente co
partido, con ese guión no partido foron
pasando os minutos ata que Diana marcaba o segundo e definitivo gol.
O filial seguiu
buscando un gol para reducir diferenzas , un gol que non foi quen de acadar e
os puntos quedáronse con xustiza na casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario