lunes, 28 de enero de 2013

Fisober B - Esteirana. 1-4.


LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – ESTEIRANA. 1-4.

FISOBER B : Martina, Paula, María, Tamara e Inés , tamén xogaron : Laura, Noe, María Maroñas e Mónica.



ESTEIRANA : Maruxa, Inés, Terre, Alicia e Sandra ; tamén xogaron : Merche, María e Leticia.

Árbitro e crono : Emilio Losada e Yayo Pájaro.

GOLES : 0-1 Alicia,0-2 Alicia, 1-2 Inés , 1-3  Sandra , ( descanso ) 1-4  Merche.

Había derbi para o filial do Fisober  na tarde do sábado en Vimianzo e a pesares de non conseguir puntuar si melloraron a imaxe con respecto o anterior partido.


No arranque do partido os dous equipos amosaron que non se querían deixar ir . Así foi a visitante Alicia a que tivo a primeira oportunidade. Xa sen descanso a capitana local María era a que respostaba.

Dúas perdas das locais  foron aproveitadas  as dúas veces por Alicia para poñer o cero a dous no minuto cinco e seis. Parecía que as do filial  voltaban as andadas e máis cando Sandra enviaba o longueiro de Martina.

Pero non era así, as do filial tiñan outra ambición e foi  Inés os oito minutos quen reducía distancias no marcador. Pouco lle durou a ledicia xa que tres minutos despois foi a visitante Sandra a que marcaba para o un a tres.


Lonxe de virse abaixo o filial do Fisober seguiu tentando marcar algún gol máis e sobre todo loitando. E case o conseguen cando unha parede entre Inés e Noe deixou a está última ante Maruxa quen despexou cando Noe se dispuña a marcar.

O partido seguía moi aberto e con ocasións para os dous lados. Antes do tempo de lecer foi a visitante María a que mandou o seu lanzamento o longueiro.

As locais saíron moi fortes na segunda metade con Inés como máximo expoñente quen tivo dúas moi boas ocasións para reducir diferenzas. Cas locais moi  metidas no partido as de Esteiro non chegaban ca claridade da primeira metade.


Foi logo  o tempo para as ocasións das visitantes Sandra e un lanzamento lonxano de Merche o longueiro. A resposta viña por parte de lanzamentos lonxanos de Paula e unha parede de esta con María que a deixaba sola ante a porteira.

Co partido moito máis igualado nesta segunda metade tivo que ser un lanzamento de Merche o que puxera o un a catro definitivo a cinco para o fin.


Aínda así Inés e Paula tiveron as súas oportunidades para marcar algún gol máis para unhas locais que melloraron o seu xogo e sobre todo a actitude  da xornada anterior pero ahora deben refrendalo en vindeiros partidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario