lunes, 28 de enero de 2013

A Fervenza - Fisober. 2-4.


SEGUNDA DIVISIÓN

RESULTADO : A FERVENZA – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”. 2-4.

A FERVENZA : Nerea, Laura Doce, Ale de Paz, Laura Paz  e Alba ; tamén xogaron : Irene, Andrea de Paz, Belén.

FISOBER : Eva, Patri, Ana, Noelia e Myrella ; tamén xogaron : Barca, Nuria, Elsa e Ylenia.



Árbitros : J. Luís Rey e Jorge Varela ; Crono : Inma Silva.

GOLES : 0-1 Nuria, 0-2 Noelia, 1-2 Ale de Paz ( descanso ) 1-3 Myrella, 2-3 Ale de Paz, 2-4 Patri.

Na tarde do sábado remataba a primeira volta para o Fisober con derbi en Ferrol e despois dun disputado partido conseguiu a súa cuarta vitoria a domicilio en cinco partidos  o que as deixa sétimas naclasificación igualadas cas sextas.


Comenzaron os dous equipos moi metidos amosando que era un derbi e un partido moi importante para ambos conxuntos . A primeira ocasión foi para a visitante Patri os tres minutos quen encarou a porteira local pero esta moi rápida evitou o gol da visitante cando xa case a desbordara.

Despois os minutos foron pasando sen ocasións claras para ningún dos dous equipos e cun dominio alterno. 
Ata que os oito minutos un balón por banda dereita chegaba a Nuria dende o oposto e de forte lanzamento batía a Nerea para poñer en vantaxe as da Costa.

A resposta local foi case inmediata xa que un inesperado cabezazo de Belén foise o longueiro. O partido co gol parece que se abriu un pouco e así foi a visitante Nuria a que dispuña dunha opción para aumentar a vantaxe no electrónico.


E no toma e daca tocoulle as locais de poñer a proba a Eva , quen respostou con solvencia. Con esa tónica seguía o partido ata que os quince minutos, despois dun lanzamento de banda Noelia mandaba o balón o fondo das redes para poñer o cero a dous no marcador.

Ese gol si que lle fixo dano as locais que se desenchufaron do partido por uns minutos. O Fisober pasou a controlar o ritmo do  partido totalmente e primeiro Patri e despois Ana por partida dobre a piques estiveron de poñer o terceiro no electrónico das da Costa.

Pero todo cambiou cando unha xogada individual de Ale de Paz serviu as locais para reducir distancias antes do tempo de lecer.


O arranque da segunda metade o Fisober volveu a facerse co mando do partido ante as locais. Así os catro minutos primeiro Barca e pouco despois Patri case conseguen o terceiro gol  visitante. Aínda así debían de andar atentas xa que Laura Doce puxo a proba a Eva cun disparo lonxano.

As mellores ocasións seguían a ser visitantes, primeiro foi un libre indirecto que non aproveitou Nuria e despois unha ocasión para a capitana Ana. As locais non se rendían e tamén tiñan as súas opcións o igual que a visitante Myrella que se encheu de balón.

Unha Myrella que a seguinte que tivo  non errou e a once para o fin puxo a bota  a un lanzamento de saque de banda de Nuria para poñer o terceiro gol do Fisober. De novo dous goles de marxe para as da Costa, que case se amplían despois dun lanzamento de Nuria que toca o longueiro ou un lanzamento de Myrella a pase de Elsa.


Pero a partir de aquí as locais foron un pouco máis agresivas no seu xogo  e tentaron voltar a apretar  o partido. E conseguírono a seis do final  cun “gol pantasma “ producto  dun  lanzamento de Ale de Paz que bateu  no longueiro non se apreciou  si botou dentro da portería ou na raia, uns din que entrou outros que non,   o que si está claro é que o mellor colocado era o colexiado quen decidiu que si fora gol.

Co marcador de novo encollido foron os peores momentos das visitantes sobre a pista que se desordenaron un pouco. Aínda así a catro para o fin  Ana tivo unha oportunidade para voltar a poñer dous de vantaxe e case na contra as locais tiveron a máis clara do partido e tivo que ser Elsa a que evitara baixo paus a igualada con Eva xa batida.


Todo se resolveu a tres para o fin cando unha xogada individual de Patri rematou co seu gol , poñendo o dous a catro no electrónico e adormecendo totalmente o partido. Facendo que os últimos minutos foran xa de tranquilidade.

Rematou así a primeira volta para o Fisober que se mostrou moi solvente a domicilio, na vindeira semana volve a Ferrol para xogar fronte o segundo clasificado Valdetires o sábado as 18 horas no Pavillón de Esteiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario