domingo, 10 de marzo de 2024

A semana do Madrid en pildoriñas.

 Unhas pildoriñas dos RBL e do Valencia para hoxe que xogamos co Celta e a ver se melloramos algo, porque dende Nadal damos peniña.



A principal laboura dun adestrador en día de partido é facilitarlle a vida os seus xogadores e Carletto fronte ó Leipzig non o fixo. O peor foi a razón, non confía no equipo e largoulle un plantexamento superamarrategui.

Saír con ese esquema no Bernabéu fronte ó Leipzig significa que non se fía do equipo en fase defensiva, por iso o reforza metendo pernas, e tampouco cre no noso potencial arriba porque renunciou a el. Moi duro o Carlo, hatando seu propio equipo.

Pasáronnos por enriba. Rodrygo mellorou o equipo sen aportar nada, porque leva un mes que pide banqueta a berros. Iso fala mal de tódolos implicados, ten mérito iso. Ós do RBL faltoulles maldade para marcarnos tres ou catro, se nos colle un City, Bayern ou similar chau, chau. 

Este feito demostra o pouco nivel da liga española, no que tódolos seus equipos non dan o nivel en Europa e o Madrid, está líder destacado na competición doméstica. Como dixen dende o parón de Nadal damos pena, excepto o día do Girona. Mércores salvounos que sabemos competir e que eles foron uns xilgaros. O equipo anda falto de pernas e ideas.

Despois se tes un plantel para xogar ó rock and roll pero ó director da orquestra solo lle gustan as baladas, e quere tocar coma cando tiña uns solistas impresionantes, pois algo esta errado.

Non podes nin debes construir o xogo da mesma forma, se as pezas son tan diferentes agora. O partido foi lamentable, non hai presión alta traballada, todo son esforzos individuais daquela maneira.

Se a isto lle xuntas que co balón apenas temos profundidade, nin velocidade, nin intención de buscar a portería rival, pois o mellor foi o resultado. Cun equipo fundido que non apareza Brahim que da cousas novas, parece un suicidio.

Con Vini estamos na dicotomía de que entra en todas e pódeche deixar con dez en calquer momento, pero sempre a posteriori vemos imaxes das múltiples formas que teñen de pegarlle e non sabemos porque Oscarín nos esconde as imaxes. Moitas veces xa o están a queimar antes de saltar.

Do partido de Mestalla, tres cousiñas.

O Madrid estivo fatal, como de cote.

Gil Manzano que para min é o mellor árbitro español, tamén tivo un mal día.

Trabucouse ó final nunhas cousiñas, si pitas o final telo que pitar despois do despexe do porteiro, aína que estaría mal pitado xa que no penal que foi ó VAR perdeuse 2´30 minutos, polo tanto o partido debía chegar case ó minuto 100, o gol foi no 98 e pico, pero bueno o kharma axudounos e pinchou todo quisqui.

It's a fucking goal.

Partido difícil hoxe co Celta que vimos tarde, mal e arrastro. Por certo un día a ver si falamos da dificultade/imposibilidade de pillar unha entrada para un partido no Bernabéu, por moito Madridista Premium que sexas.

#RealMadrid #HalaMadrid

Anteriormente:

Apuntiños de alemaña.

Supercopa e Copa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario