A noite martes voltou a Champions e vamos a deixar uns apuntiños do que vimos.
A Champions é sobrevivir e iso fixemos martes. Un martes 13 e vestidos de negro como dicía en redes o club. Era unha proba de fortaleza mental, un desafío e chegamos vivos ó Bernabéu con Jude e Rudi fora.
Estivemos 47 anos sen poder gañar en Alemaña, por se non o recordávades. Un 2-3 en Leverkusen no 2000 rompeu a xeira de 25 partidos perdendo ou empatando. Dende o 2014 co 0-4 no Allianz mudou todo, agora somos unha besta negra para os alemáns.
O dos centrais é cousa de Flo, non querer traer un aínda que fora cedido para dar descansos, fainos pasar moitos apuros. Verte obrigado a modificar pezas coma co Girona, igual mover a Tchou non é moi grave porque para o medio tes xente, pero mover a Carvi fai que perdas a un dos xogadores mais en forma do equipo, ademais un xogador moi lesionable que non ten descansos.
Por certo o partido valeunos para oitavos fronte ó Leipzig, collenos un equipo de nivel e chau, chau. Partidazo de Lunin, con ata nove intervencións e bastante seguro. O que decíamos fai meses, que non é unha cousa doutro mundo pero daba mais seguridade ca Kepa. Igual co comezo de tempada os roles debían ser os que teñen agora, "titular" para Lunin, algún partido para Kepa. Pero claro a saber o que lle prometeron a Kepa para que viñera. Non estou a criticar o fichaxe de Kepa, de feito foi unha magnífica opción, algo así pedía para o central. Ou van a darlle minutos a Carrillo, Jacobo ou Marvel cando se recupere de vez en cando para non mover a Carvi.
Ademais o xogador en peor forma do equipo é Nacho, vaia coladero, esta tempada vénselle as costuras en todos os partidos, o martes salvárono entre Tchou e Lunin, senón ían caerlle por tódolos lados. Nivel Spasic a día de hoxe.
O ritmo de Champions móstralle as costuriñas a moitos, algúns coma Nacho estalle a pasar por enriba, a outros coma Kroos salvao a súa calidade con balón. Nada novo para quen leva perseguindo sombras en Europa un tempiño.
Tchou fixo bo partido pero veuselle que non é central, moitas veces colocado de maneira erronea que recuperaba despois por físico, iso fronte un supernoruego ou o sapoconcho son goles, pero bastante fai o chaval. Nas redes buscan o novo Desailly.
Estalle a caer bastante a Rodry, fixo un mal partido si, pero non hai que queimarse co rapaz, confiamos en que recupere sensacións e nos axude, en Champions é bastante goleador, con todos igual ten que pasar polo banco algún partido.
Un detalle que pasou bastante desapercibido foi que Lukita non xogou nin un minuto, moi raro en Carlo isto, o partido igual non estaba para el, pero outras veces o mister poñíao con calzador. Sensación que estamos ante os últimos meses de Lukita no club.
A baixa de Jude notouse moito, a de campo que abarca, está sempre en tódolos sitios, aparecendo en moitas xogadas, irremplazable, nunca pensamos que tivera o nivel que ten.
E iso que Brahim fixo un bo partido e un golazo, xogue un minuto ou noventa sempre da a sensación de dalo todo, o que lle pedimos sempre a un xogador do Madrid. Algo que lle criticamos nos últimos tempos a Asensio por exemplo.
Por último non o vamos esquencer, tódolos medios falando da polémica en vez do golazo de Brahim, esto con outros equipos non pasaba.
É a corrupción mediática, pata imprescindible para manter a corrupción deportiva perante dúas décadas.
Si o gol anulado ó Leipzig nos toca a nos posiblemente estivera moi cabreado, como o estivemos en Paris no gol que lle anulan a Karim, nunha final vaia. Pero o que muda é que en Europa parece ou non que os erros se reparten, non como noutras terras. Coma sempre en Europa vin o partido cun árbitro, madridista, é dixo que era unha xogada moi interpetrable, o xogador que toca a Lunin é a chave pode pitarse ou incluso non. Cando sale o centro que non se sabe para onde vai, o xogador toca a Lunin.
Dou gusto coma os comentaristas toleaban porque lle anularan un gol a un equipo alemán, como se lle ven as costuriñas. Despois en penals chave nun PSG-Newcastle, dánlle cero importancia a polémica. Si o periodismo é iso que sexan libres de falar, pero sempre, non tan solo cando lle toca ós de branco. Ah claro igual vas para o paro se non fas iso, comprendo que a xente ten que comer, nesas cousas non me poño, a familia é o primeiro.
O día de Ovrebo ou Aytekin, caladiños, falando de mitos e cousas varias, manda webs. O noso querido pelopincho, vaia tío. Dous días infames para a prensa, na que desaparecían imaxes por tódolos lados.
Vos pensades que noutros países europeos creanse estes debates cando a polémica beneficia ó equipo dese país? Solo hai que velo cando pasa con outros como escribimos antes. O da prensa en España co Real Madrid é patolóxico. Estaban mais nervosos na cabina que no céspede.
Mentrás pelopincho toleaba, Henry decía que era un simple fora de xogo. O mesmo que cando saían mans por tódolos lados en Stanford Bridge falaba de árbitro valente.
Por certo hai que diferenciar entre madridistas i ex xogadores do Madrid, porque hai moitos que pasaron polo club pero para comer teñen que mostrarse moi antimadridistas senón non hai contrato na prensa.
Como din nas redes: " A min que debatades xogadas polémicas cos siareiros dun club que pagou 20 anos ó vicepresidente dos árbitros paréceme de risa. É como debatir de autocontrol cun ionki, é un debate absurdo, espabilade e deixadelles disfrutar da súa bilis diaria. Necesítana."
En definitiva co do martes non nos chega para pasar cuartos de final.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario