Pois nunha semana gañamos un título e outro foi o garete, vamos a analizar un pouquiño o tema, o tolo coma sempre.
Fai tempo que decidimos celebrar por pequeno que fora cada título porque iso é o que nos queda no palmarés e por tal razón falamos da Supercopa tamén, aínda que sexa a competición menos importante a disputar esta tempada.
Titulo gañado con problemas na semi e con solvencia na final.
Cóntanos da Supercopa Marcel Beltran: " Se Vinicius, en lugar de adicarse ó fútbol, formara parte dunha banda de atracadores, sería o típicoo que lle dispararía o arma por erro ós poucos minutos de entrar na xoeiría, cando nin siquera tivesen tempo de atar ós rehéns. O brasileiro saltou a final da Supercopa co botón de turbo atascado, soltando faiscas cos talóns, e cando se quixo dar conta xa se levará tres goles por diante. En 39 minutos tocará máis veces o escudo có balón. Vinicius é o resumo definitivo deste Madrid, un equipo que corre en cada ataque como se o perseguirán as sereas da policía. Calquera, nunha situación parecida, estamparía o coche na primeira curva, eles aceleran como se tiveran a rede de estradas tatuada no cerebro. A esa velocidade, normal que se estampe o outro. En Riad, a trama non admitiu dobreces: os blancos sopraron e do Barça non quedaron nin as cortinas. ...... como dixo Malroux: Do incendio do Louvre, solo salvaría ó lume."
Decían os vellos nos bares en Muxía que a prensa é madridista e que solo xogamos a correr, dame que non é de todo certo pero o Relato matounos e non o damos quitado de enriba.
Dixo Vinicius: " Todos queren pelexar conmigo. Inteno ó máximo estar centrado. Eu non son un santo. A veces falo demasiado, a veces fago regates que non teño que facer e quero aprender. Estou aquí para iso, para aprender."
Según un estudo que vin no antes chamado tuister, creo que a Don Shelby, para Champions e Liga:
Haaland cada 5,8, Mbappe cada 6,8, Vlahovic cada 6,9, Grealish cada 7,3, ....., Rodrygo cada 7,8, Osimhen cada 9,0, Lewan cada 9,4, .....Raphina cada 15,0, Yamal cada 33, Dembele cada 47.
O foco está en Vini sempre, que si o quenlla lle ia pegar, si o polaquiño o puteou antes do penal, os insultos no Metropolitano. Debe mirarse no espello de Belli pero claro cando non estaba Vini ían a por Belli, van a pola estrela do Madrid e hai que saber aguantar o chaparrón outra cousa é si nos seríamos capaces. Que lle poñamos "quizais" a Vini de vez en cando fainos axudalo a mellorar como el dixo. Debe seguir mellorando en estes aspectos mentais coma calquer deportista, non hai que mirar para outro lado cando se trabuca. Ten que xestionar a frustración e a provocación. Pero non todo vale, que lle berran de todo e os gritos racistas de sempre son unha vergoña, a culpa é dos compañeiros marchamos todos e a ver que pasa. Por certo non fixo tan mal partido como din contra o Atleti, e Rodry viña de non adestrar o día antes.
Que fácil é queimalo e desquicialo, se tirán balón para perder tempo ou lle fan o gritiño, e fala co colexiado, cartón para el. Como di Ali ó final é un chaval que non da patadas, nin agrede a ninguén, do cal se mofan e sempre lle van o pique. Un tío que pensaban que era un bulto e que encara sen parar e ata marca a diferenza, con quen nos aliñamos?
En Italia si paran partidos parece.
Ser bos chavales era cando Chuflas ensinaba a man ou o Javi lle daba a Lass o balón e lle decía, toma levao que non o tocaches en todo o partido, relatiño
Toni Kroos en Arabia solo hai un, pitar a Toni Kroos é como insultar ó Sol e pretender cos improperios afecten o astro Rei, contaban na Galerna. Ten que traballar cara eso.
Por certo sorprendeume que todo quisqui en Arabia fora do Madrid, nótase que o tirón do Barça parece que cae. O de que se xogue alí e non en Málaga, Alicante, Elxe ou Zaragoza por exemplo cidades de fútbol que non disfrutan de primeira, dinos que todo pola pasta.
O fútbol son áreas e o Madrid en Copa non estivo ben en ningunha das dúas. Os goles do Atleti son o que son, en ataque dous paus. O Atleti cascounos dez goles en tres partidos chavales, sendo o Cholo bastante amarrategui e iso que foi en tódolos partidos sempre en vantaxe, que se tirara sempre atrás foi bo para nos na miña opinión. O terceiro gol foi moito conto, ninguén foi a tapar.
Tivemos erros individuais incompatibles con sobrevivir na elite, aquí temos o problema. Con iso non da para facer nada en Europa, e na Liga non temos problemas polo baixo nivel da competición. De feito é na única competición que ten bos números no tema de encaixar goles, nas outras xa vemos. Bueno sempre lle teño medo a segunda parte de tempada do Carlo, ata xaneiro sempre funciona ben.
Modric titular estivo fatal, os trocos non funcionaron, quizais Tchu e Brahim se merecían ser titulares e non superon ser revulsivos. Hai que fichar un central, vamos moi xustos na posición. Lunin perdeu a oportunidade da súa vida, penso.
Un par de anotacións sobre o VAR, ata a xogada do gol de Joselu pensei que non había, con iso digo todo. Sinceramente non confío nada no que temos en España para os foras de xogo, tanto o de Joselu coma o do posible tres a tres puideron caer de calquer lado en función do frame elexido, a ver se poñen o semiautomático e non estamos a expensas do realizador de sempre. De feito o realizador non dou repes do posible penal a Jude, nin tivemos comunicado local polo posible cartón a De Paul, co que montaron o ano pasado con Ceballos. Tampouco temos frame de cando toca a bola en Grizy no primeiro, ou porque non levou segundo cartón cando lesiona a Cama, pero si levaron Carvi ou Jude en "faltiñas".
É gracioso porque ó final si trátase de gañar, sínteste máis orgulloso cando gañas, incluso fas vídeos. Todas as aficións somos iguais, que non nos vendan milonguiñas.
O problema non é a forma de caer, sempre que teñamos unha boa forma de levantarnos. Mañán en Liga non se pode perder, porque hai que gañala si ou si, senón será un fracaso o ano.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario