miércoles, 10 de agosto de 2022

Palanquiñas de verao.

 Como hoxe arranca a tempada para o Real Madrid e teño uns minutiños vou deixar unhas palanquiñas de verao antes de que o primeiro partido oficial troque as opinións de todo o madridismo e o antimadridismo. Vai a ser ao tolo e sen moito orde segundo vaian saíndo da chachola por iso son palanquiñas, vixiando ao lonxe e cun tempiño.



Antes de sacar conclusións recordemos que toda pretempada é mentireira por definición e non vale de moito. Sempre recordo aquela estupenda do Depor que incluso atundara ao Bayern e despois foi todo palla. E máis neste ano que hai que extendela ata o Nadal polo Mundial. Ata ese momento trátase de non perder títulos e chegar na carreira a primaveira, non toleemos. 

O ano pasado a estas alturas estou seguro que nos estábamos cagando en todo polo amigables do Madrid e vendendo a tódolos xogadores e o adestrador. A tempada importa pouco o importante comeza esta noite.

Foi algo triste pasar de "Jaland" e "Bapé" a ter que aturar outra vez a Mariano e a bo seguro que había algo a metade de camiño. Pero claro entendo e comparto a Flo, quedou fastidiado o home e non quere chuparse outro "Joví" ou outro Mariano apoltronados e non quere fichar a calquera pero igual había algo interesante a metade de camiño. 

O seu plan fallou, pois en vez de voltarse tolo, freou, penso mellor e observo as opcións do meu scouting. Non temos fichas libres, non temos pasaportes libres e os clubs saben que andamos doentes, a veces o mellor movemento é non mover.

Penso que melloramos o equipo con Rudi que non é moito do meu gusto pero mellora moito o roster. E con "Chumi" o cal non vin xogar pero falan xenial del.

Como dixen quedamos curtos arriba a expensas dos mesmos de sempre Benzi, Vini e Rodry, facíanos falla un home para xogar en dereita e arriba que fose polivalente pero non se fixo. Sinceramente antes que traer "Jovís da vida" prefiro tirar de Latasa a ver que sale e fichar xente con futuro para o Castilla. O cal non quita que andamos curtos porque a Hazard e Asensio perdínlles a fe, o bo é que polo menos ata o Mundial van currar. 

Hai que xogar e moito co tema do Mundial, hai xogadores que van pensar solo neso e hai que ter a unidade B preparada para despois do mesmo, vai ser a chave do ano a xente que non vaia e que quede con ganas de arrasar e cos veteranos cansados do Mundial, sobre todo Karim.

Falando da xeración do Castilla, como non van a ter minutos aquí a opción de venderlos con recompras paréceme a mellor. Unha pena mandar a Miguel a un equipo que non me gusta nada, dos peores que podíamos mandar. Blanco creo que con Cama e Chumi quedou sin sitio. Arribas tamén debe saír. A ver si lles deixan voar e demostran o que valen. 

Por certo Reinier é outro do que lle temos que atopar un bo acomodo, confío e moito no rapaz, de feito se non fora polos pasaportes era o home para xogar arriba sen dúbida para min, xunto con Rodry, os sustitutos de Karim para este ano. Tan solo espero que o plan non sexa esperar polo noruego, que ese coma o sapoconcho xa non van vir.

Aquí non somos de sextetes, aquí somos do Madrid que sempre busca gañalo todo, así de simple, sin adxetivos.

De Mariano e Odriozola xa non espero nada, e mira que gustaban aquí, como nola coaron. 

Por certo si hoxe gañamos todo será bo e teremos un equipazo, si hoxe pinchamos filtrarán que todo é culpa do Carlo e que necesitamos algo arriba, as famosas filtracións interesadas do club. Estades avisados.

Seguro que me quedou algunha cousa perdida que me ronda a cabeza nestes días e noites de insomnio pero ten que ser así, rápido e ao tolo.

P.d. : Flo non foi quen de gañar 2 ligas seguidas ou non lle deixaron e Carlo xa sabemos como son seus anos 2, hai que mentalizar a xente.

P.d 2: Bo "filing" se fichamos a Íker Bravo, a ver se ven e non o gafei.

Hala Madrid.


Anteriormente:

La 14.

Retratadiños . 

Entrevista a Flo.

A carta de Flo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario