lunes, 5 de agosto de 2019

Search Me ! Eu non sei nada ! # chavalada

Dende a noite do sábado toca falar de Jadon Sancho, resulta un caso curioso o deste xogador xa que fai un par de anos Pep díxolle que non estaba para o primeiro equipo do City e chegaron a un acordo de saída sempre e cando non fora a Premier, así que acabou no BD.


Pep non parece dubidoso no de darlle oportunidades ao talento por máis  que sexa adolescente, aínda que no City da a impresión que trocou un pouco. Pero ao que ven o tema, na chavalada ou confías ou non iso de andar a media tinta non funciona, e debes ter un adestrador que o faga.

Como di Emil Sorel  :  " Sobre Laso o cal repetía a menudo que a Lukita Doncic o trataba coma a un máis. Non se entende o de mirar o DNI de alguén para mirar si ten que xogar máis ou menos. Si Luka se gañaba minutos, Laso dáballos. Si lle tiña que botar unha bronca ou levalo ao banco dáballo. É o que pido cos xóvenes. ¿ Que tes 18 anos , eres do plantel e demostras ter nivel ?, ¿ Que demo se gaña co ir amodo, deixar que se coza ou ir amodo? Nada, nada.... A competir todos en igualdade de condicións con 18 ou con 35, chámeste como te chames. "

Foi o que pensamos que nos ía traer Julen e despois foise pola pata abaixo ao chegar o Churu e Zizou nunca amosou ser ese tipo de adestrador. Nunca debemos esquencer tampouco os nomes de Meca, Zárate, Morales, Canales, José Rodríguez, Jesé  .... todos eles ían ser o novo : " elixe ti o nome " ,  non é fácil acertar tampouco.

Resulta curioso que andemos buscando medios tendo a Llorente, Ceballos, James,  Ody ou Óscar Rodríguez pero bueno eles saberán.

Ou que a veces os descartes despois son decisivos, Zamorano , Amavisca ou mesmo Etoo.

Sobre o Real Madrid :

A resistencia . 

Verán . 

Ilusión e realidade . 


No hay comentarios:

Publicar un comentario