Pois nada que
esta xentiña faime escribir dous días seguidos , vaia por deus, hoxe que tocaba
Lolaso. O partido de onte foi un compendio do Real Madrid desta década. Árbitro
a pillarnos, mentalidade débil, pouca concentración e a non pegada.
O partido de onte
durou exactamente ata o amaño do penalti, a partir dese momento comezou o
desastre non demos unha. Uns xogan con
The Net e cando as cousas van mal aparece o salvador.
Outros pois xogamos con
todo o contrario con cargas coma
Songoku.
Tres xogadas
polémicas e as tres solucionadas na nosa contra. O posible fora de xogo no gol
de Cristiano, moi xustiño pero en caso de dúbida en contra do Madrid. Un
penalti clamoroso a Bale non pitado. E despois pita un de novo dubidoso a favor
do “Golfs” , ou son os dous ou non é ningún, si claro non se nota nin nada quen está o
mando da UEFA actualmente, vaia
escándalo, aguantalo aquí e alí. A lesión de Karim que non foi nin falta e
despois pitou fora de xogo tamén estivo ben. Algúns viven bastante ben así , outros temos
que mamar.
Dicir que o partido foi lamentable non é
incompatible con dicir que o atentado arbitral foi noxento. Ves o trato a uns o
día antes e o trato a outros e as contas saltan. Xogar sen rede e ademais
sabendo que van a por ti produce nervios acumulados , tensión acumulada ……,
xogar co vento a favor todo o contrario. Uns rouban e fálase de épica a outros roubanlles e fálase de ...... Solo espero estar vivo o día que se destape todo.
Co un a cero chegou a desaparición do Madrid, que
por moito que digan saíu bastante ben, creando e dominando, pero co gol
desapareceron. Que un penalti discutible che saque mentalmente do partido é
imperdoable. Un equipo que mostrou unha fortaleza mental incrible en Barcelona
nunha competición perdida , fai isto nuns cuartos de Champions que era o que
nos quedaba, e así ano tras ano. Vaia merda de competividade teñen.
Modric e Kroos
queimados, CR e Bale que decidiron que axudaron abondo o sábado e que onte non
tocaba e a defensa con Pepe e Ramos a cabeza facendo o ridículo todo o p….
partido. Non sei pero o martes igual cárgome a Ramos e poño a Case de central,
pero ca el non o vai facer.Desfondaron sábado cando había que gardarse para
mércores.
Que vamos a dicir
aquí de Ramos, xa está todo dito. O erro non foi renovalo, foi renovalo nas
súas condicións e non nas do club. Agora síntese máis deus do que xa el se cree. Temos uns centrais que
perderon o seu físico e non son un prodixio polo seu IQ e pasa o que pasa. Renovación profunda do posto en verán, se a eso lle xuntas a Varene tocado e decide xogar con Francia , que pouco IQ. Os
laterais tamén deron gusto, Danilo estivo o nivel Dañino de meses atrás, e
Marcelo buff Marcelo foi un desastre e aínda por encima pintou a mona o estilo
dos piscineros, simulou como fan normalmente Busi, Suárez, Alves ou Neymar, que
xa chegan eses que esas conductas ,aquí criticámolas non as tapamos coma o
nacionalbarcenolismo. Suárez xa o pillaran con Uruguai que alí non traballa The
Net, a cabra tira o monte e cae unha e outra vez.Se chega a fichalo Flo, o pobre estaría en chirona a estas horas. Sempre me pregunto si algún destes lle fai o de Pepe a Casquero ? igual sancionaban a Casquero, vos que decides ?
E chega outro dos
mitos, a pegada que realmente é NON PEGADA, o Real Madrid é o equipo que máis
tira a portería pero que máis erra tamén. Entre as dúas que errou Karim coxo e as de CR pois o de sempre. Cando
todo sae mal , o equipo non responde e túa estrela ten un par delas e as erra,
a vida.
Era unha semana
boa para seguir falando de cómo axudan os árbitros o Barça agora será para
criticar e rirse do Madrid, a década vaia.
Tan certo foi o
de onte como o do sábado. Certos os roubos, certa a épica do sábado e certo o
desastre de onte. A década.
Zizou tamén
estivo bastante mal, e os cambios de pouco axudaron tamén.
Da épica,
remontada e demais xa paso, que fagan o que queiran, é un partido moi
remontable, un equipo que ten a Dante de central sempre é remontable, pero
estes xogadores non inspiran confianza, non recordo a última vez que o fixeron
e non creo que sexa o martes. Non lles
queda que mamar dende Abril con filtracións dos xogadores que van chimpar e dos
locais onde pasan as noites.
Solo quería
incidir en dúas cousas para rematar, o trato que recibimos polas teles do
monopolio , que tan mal nos queren , entre a que televisaba e a que tuiteaba,
despois queren abonados, cando se de a xente de baixa tamén lles vai a dar a
risa. As redes sociais eran un clamor. Tamén agradecer que se arranxara o WIFI
en España o martes pola noite estaban tan abochornados que non funcionaba,
teñen as pelotas ben grandes, pero grandísimas, aquí nos sempre dispoñibles.
Jabois : “ El Madrid vuelve siempre, a veces como tragedia y otras como farsa. Pero las más especiales regresa como Madrid.”
En capítulos anteriores :
Leccións.
Opinando diferente.
Que dixo Cristiano lo ?
Jabois : “ El Madrid vuelve siempre, a veces como tragedia y otras como farsa. Pero las más especiales regresa como Madrid.”
En capítulos anteriores :
Leccións.
Opinando diferente.
Que dixo Cristiano lo ?
No hay comentarios:
Publicar un comentario