O martes o Real Madrid Nba como chamamos por aquí quedou eliminado e claro algo habería que escribir sobre o tema. Pero claro un despois ve o que escriben outros e pensa que é mellor decisión que vexades , comparedes e opinedes. Os que tedes asignado un " Gústame " o Face do blog xa pudéchedes ver estes artigos, pero para os que non e quede constancia, aquí quedarán.
O laberinto Lolaso é moi simple, un servidor incluido como xa deixei claro trala Copa, si gaña o Real Madrid a culpa é dos xogadores, si perde de Lolaso. Como hater de Lolaso debo firmar iso sempre.
Dúas cousas teño claras, a primeira é que debe seguir Lolaso a final de tempada, pero un pouco a figueira haina que mover está claro . Non pidades pivots, que os fichaxes deben ser Lolasianos, Thompkins é un enorme xogador pero non encaixa, como antes lle pasou a outros coma Bou.
A segunda que os primeiros meses na Liga puido utilizar mellor e doutra maneira os novos para intentar poñelos en dinámica Lolasa e descansar as pernas dos moitos que tiveron Europeo e Panamericano.
E añadir é moi difícil chegar a catro finales seguidas que sería o que faría o Lolaso de chegar este ano. En Euroliga fomos todo o ano a tombos , o que nos fixo ter un rival tan difícil coma o Fenerbahce. Quizais esas dúas canastas sobre a bocina fronte o Barça e Baskonia cambiarían o rival nas series, pero non é menos certo que non había pernas para o título. Eso si quero recordar que o Fenerbahce xogou a serie con solo 8 xogadores na rotación e sen a súa estrela.
Do pouco respeto arbitral que temos xa non vou falar , non foi decesivo pero si que é unha risa como nos pitan a nos e os outros.
Dito esto vamos o lío, linkarei tres artigos que me pareceron interesantes para que opinedes, como sempre digo , no termino medio está a verdade.
Primeiro un dos meus blogs de referencia en tema basket :
Karusito : Puntilla al campeón. , titula, tan interesante seu texto coma os diferentes comentarios que se escriben sobre o artigo. Incluso mellores os comentarios e o debate que se produce, sana envexa dese blog.
En El Mundo escribían sobre as lousas que impediron a Décima, interesante artigo tamén por eso o linkamos.
A valoración do rendimento en Euroliga de 24 segundos en blanco.
Por último : sillonball e o seu Pablo Laso e 12 máis.
A próxima debe ser a tempada do salto definitivo dun rapaz chamado Luka, hai que aproveitalo antes de que marche cara a Nba.
O dito dunha mestura de todos podemos ver a realidade , opino un pouco coma cada un deles. Agora solo toca loitar pola Liga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario