martes, 19 de abril de 2016

Costuriñas.

“ A ver oh” ! ,  como diría calquera de nos na rúa, xa sabemos que o Real Madrid non vai gañar a Liga e a Shempions tanto do mesmo pero as risas que nos estamos a pegar esta semana, non nolas quita nadie. E como lle saltaron as costuriñas a algúns, problemas no paraíso rapazolo.
Procedamos a enumerar as razóns polas que non vamos a gañar a Liga, algo que a maioría xa sabemos , solo queda algún iluso como o gafe dos tuits e pouco máis.


A principal razón é que temos diante o Barça e o Atleti e cun calendario aínda por encima bastante máis doado co noso.  

Sinceramente non vexo onde vai pinchar o Barça, comezando por mañá o partido debería ser un paseo militar, cun Depor que lle debe a vida o Barça, o regalo do ano pasado vin ben claro estes días que a xente non o esquenceu, normal por outro lado. De feito creo que mañá van animar o Barça e todo, moitos o domingo sufrían bastante vendo o Barça ( deportivistas disfrazados ? ). Polo tanto van facer os quince puntos, fin do problema. E de regalo o Barça sen Shempions, descansadiños.

O Atleti se saca o partido de Bilbao adiante tamén fai os quince puntos seguro, así que , máis terra sobre as esperanzas brancas.

E agora toca a parte máis difícil, de pinchar os dous anteriores, cousa que dubido moito. Queda que nos fixésemos os quince tamén, algo moi difícil polo calendario e polo tipo de xogadores que temos, especialistas en desilusionarnos. Xa que logo hoxe solo toca darlle o calendario, o dos nosos xogadores tocaralle outro día.

Un calendario  con partidos con miga todos, vaia por deus, nin o contragafe vai poder con eles.

De saída mañá o Vilarreal de Marcelino, un equipo que se nos da bastante mal. Na primeira volta xa nos freou, e o ano pasado igualounos no Bernabéu para complicarnos o título de Liga, o típico equipo que nos fai a faena sempre. Carallo se o pensas ben os cinco que nos quedan son deses.

Despois toca o Raio de Paco, e claro co que hateamos a Paco todo o ano malo será que non nos foda ou como se diga , de primeiro de esoterismo como diría íker Jiménez, si é que !!!

De ser capaces de superar eses dous Miura do paranormal , pois nada, tocaría a Real de Eusebio que debe unha os de alí arriba, e claro vailla devolver se fai falla. Vaia tres partidos señores.

O cuarto outro que tal baila,  o Valencia que nos leva deixando fora da Liga dous anos seguidos por estas mesmas datas, dúas igualadas os dous últimos anos no Bernabéu creo recordar  para acabar de afundirnos. É  que este  cuarto partido tamén as trae !

E para rematar Riazor o campo maldito do madridismo, para o madridismo galego aínda máis. Entre o mal que nos queren alí, e que lle deben unha o Barça, pois non vexo posible gañar se fixera falta.
Si fixeramos a machada de chegar vivos ata ese momento pois aparecería The Net e conto finado. Non vos fagades ilusións e algo que aforrades.

Polo tanto , queda claro que o Real Madrid non ten opcións de gañar a Liga. Iso si estamos a rirnos bastante.

Un servidor solo intuíndo o pouco que están a durmir esta semana, despois de ter a Liga gañada en Xaneiro, está a disfrutar algo non o vou a negar, é que temos que ler i escoitar cada cousa que de vez en cando dannos estes pequenos caprichos.

 E ver como lles están a saltar as costuriñas a moitos, o paraíso como sempre digo son as vitorias, cando chegan as derrotas sempre salta o esterco non o dubiden. Leva pasando toda a vida é cíclico aínda que eles non o queiran ver.

 Buff e  cando remate o homiño ese que todos sabemos, van  pegar de golpe ca realidade !!! Estilo, valors, canteira ……….. si , si , catro derrotas e polo mar abaixo foi todo. A que lles están a pegar dende o seu propio entorno, xa ten que ser grave co que tapan alí todo.

Agora cando gañen os títulos este ano polo menos vanos a disfrutar máis, que non se queixen. Pero que non me veñan ca súa libreta de principios por favor que iso xa o demostraron esta semana que son faladuría barata, contiños da vellas.


P.D. Sigo pensando que o Real Madrid necesita unha limpa, controlada pero limpa, nin tantos coma pediades fai dous meses, nin tan poucos como pedides agora. No Real Madrid solo valen os títulos e vamos con retraso en quitar certas pezas do vestiario ( por moito que doia ) para conseguilos.

En capítulos anteriores :




No hay comentarios:

Publicar un comentario