Día máis
importante do que parece con dobre cita para o Real Madrid, o fútbol e o
basket en competición europea e case
simultaneando horarios, vainos tocar ter un ollo en cada vaia.
No fútbol estamos
a 90 ou 120 minutos de que pidan a volta de Mou e que veñan uns meses de
histeria e limpa, ou de que digan que son os mellores e deben quedar todos con
Zizou de emperador. Uns días máis de
tranquilidade que logo toleamos outra vez.
Nin tanto nin tan
pouco, é necesaria limpa de certos elementos xa fai tempo e é algo que non é
cousa de resultados xa , pero de menos elementos dos que se pedirán se as
cousas van mal e de máis dos que se pedirán se todo vai ben. Pero iso xa o
vimos comentando fai tempo e sería cousa dun análise máis longo e outro día.
Sinceramente
penso que vai ser máis difícil do que parece por unha simple
razón, non me acordo da última vez que
remontamos algo pero si me acordo da última vez que me defraudou este grupo,
fai precisamente unha semana.
Recordo como se
fora hoxe que o día que Lewan nos cascou 4 , despois do cabreo inicial, normal
por outra parte , tan solo unha hora despois xa confiaba que a remontada era posible. En cambio mércores e hoxe mesmo pois
teño a dúbida que exercen sobre min estes xogadores, bueno unha parte deles, eu
con Luka e Lucas por dicir dous iría o
fin do mundo que igual son os que a pifian hoxe pero teñen marxe de erro. De feito
teño unha dúbida de se deberíamos prescindir de Casemiro, despois penso nos
centrais que xogarán e xa a disipo, pero Lucas hoxe titular e non de revulsivo
sería interesante. Coma Zizou penso que un gol nos van a marcar, así que van facer falta 4 seguro.
O meu cariño o
Real Madrid supera isto, e as 20:45 creerei coma o que máis e vou escribir unha
frase de Jabois que utilicei precisamente o fatídico día de Dortmund : “ E
isto é básicamente o Real Madrid, unha fe ilimitada e altaneira cuxa
lenda é universal , por iso nos rompen
tanto a cara, porque non a escondemos “. Pase o que pase nin esta noite , nin mañá me esconderei , nin terei problemas de wifi
coma outros para iso naceu o blog no seu día para non calar nos días malos e
ter un nexo de unión cos meus amigos, ex compañeiros …….
De feito son dos
que pensa que de pasar exercemos unha presión engadida sobre o Barça e o seu
poderoso entorno e de non pasar seremos fagocitados polo noso e a nosa suposta prensa afín que levan afiando
as gadañas un tempo pero os seus amigachos xogadores quedarán impunes os
culpables serán os de sempre , xa non quero dicir nada do entorno de alí arriba.
Tranquilidade ou inferno non queda outra, por si acaso o “irmanísimo” René
arrancou onte para evitar culpas non vaia ser.
Uns golpiños para rematar, xa que tanto falan os
alemáns solo pido un arbitraxe coma o de alí, é dicir que todas as xogadas
polémicas as piten o noso favor, tan solo pido iso, un arbitraxe made in Barça
xa sería perfecto con ese pasamos seguro.
Sería bonito un o estilo da remontada
épica que se cascaron eles vs o super Milán fai un par de anos, con idéntico
resultado na ida por certo, firmo unha
noite coma aquela, non quero máis.
No basket vital
tamén, gañar o primeiro partido no cruce de cuartos é media vida, así o din as
estatísticas, aínda que o Lolaso este ano vive sempre no fío da navalla pero
non sei si dará para tanto. Do Lolaso igual falamos mañá con máis tempo e non
descarto falar de fútbol tamén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario