Despois duns días
tocará falar algo de Zidane que non todo van ser frases no blog, unhas letriñas
que non vamos desafogarnos moito de momento.
Pasou o que
vaticinei case dende o día un, que Benítez non era o home e que non tardaría en
aparecer Zidane. Pois pasaron ambas cousas, de feito empezo a ter unha obsesiva
teoría de que todo isto foi premeditado por Florentino, senón non me cabe na
cabeza aínda que o elexido fora Benítez, sígueme parecendo imposible que
escolleran a Rafa para liderar a este tipo de xogadores.
A teoría obsesiva
é que Flo elixiu a antítese do adorado polos xogadores Carlo para poder poñer o
seu preferido e home de confianza Zizou. Si poñía a Zidane directamente tiña
moitas opcións de que algún xogador se rebotase pero despois de que sufriran a
Rafa, todos polo menos de saída estarán con Zinedine, que co paso das xornadas
e dos meses vai ter os seus detractores igual, e os xogadores que non xoguen faranlle
a vida imposible falando cos seus queridos periolistos iso témolo todos claro
penso.
Zizou
posiblemente sexa o xogador máis estético co balón non pes que vin ca camiseta
do Madrid. Era un pracer velo xogar pero iso non asegura resultados coma
adestrador, solo que foi un bo xogador. Temos o caso de Maradona que por moi bo
xogador que fora , nunca será un bo adestrador, polo tanto precaución amigo
condutor que como di o refrán un día non fai romería. Gañámoslle o Depor , ofrecemos boa imaxe pero
nada máis.
Do Zizou
adestrador pouco coñezo, e as poucas veces que vin o Castilla pois non me
gustou moito. Amante do 4-2-3-1 ou iso parecía co filial e pouco máis. O da
experiencia ou non tampouco me asusta moito, xa vimos que adestradores con
moita experiencia fracasaron con estrépito , a chave vai ser conectar cos
xogadores e facer que traballen e non teñan as súas típicas faltas de
concentración. Para estes grandes equipos case é máis importante un psicólogo
adestrador que conecte con eles que outra cousa. Del Bosque e Carlo foron os
que mellor conectaron co plantel e non son do meu agrado.
Que trouxo,
ilusión o madridismo . Un madridismo que vive con máis ilusión os periodos de
fichaxes que a posibilidade de gañar títulos, patético pero real. Iso foi
Zidane un periodo de fichaxes florentiniano, nada máis de momento. E trouxo consigo
a volta de Carletto porque vimos o Madrid de Carlo de volta ou esa impresión
tiven.
Preguntámonos si
iso mellora a Benítez ? Penso que si, para o tipo de xogadores que temos é un
modelo máis compatible.
Acadaremos
títulos ? Pois vexo moi difícil, todos sabemos do problemas que implicaba a BBC
o sistema de Carlo. Funcionaba bastante ben con equipos de media táboa e da
parte baixa e naufragaba bastante nos grandes partidos con contadas excepcións.
A defensa, os
ocos no mediocampo, a pouca distancia entre liñas e a presión alta serán o que poden darlle
opcións a Zidane, de outra maneira está condenado o fracaso. Non son optimista
, pero non o son con estes xogadores veña quen veña, amosaron bastante falta de
profesionalidade e de fame.
Antepoñer o colectivo o particular algo que
non pasa neste Madrid. Esa é a clave de todo xa veña Zidane ou Pep Guardiola a
liderar o proxecto.
O que escribe en
particular perdeu e bastante a ilusión co Real Madrid e non me chega unha
vitoria o Depor para devolverme a
ilusión, non vai ser fácil recuperarme para a causa. Pero do Madrid sigo sendo
que non o dubide ninguén. Eu son do Real Madrid, non dun presidente, adestrador
ou xogador en particular. E por iso esixo títulos non fichaxes , nin nomes.
En artículos anteriores :
No hay comentarios:
Publicar un comentario